jueves, 8 de mayo de 2014

Xornada Política de Compromiso Por Galicia na comarca de Muros-Noia

ste domingo día 11 levaremos a cabo unha xornada política en Compromiso por 
Galicia para decirlle a xente da nosa comarca que Europa queremos e qué cousas queremos cambiar, así como seguir escoitando a opinión de todo o mundo.

Esta será a programación da xornada:
Ás 11:00 Reparto na Feira de Noia
Ás 13:30 Acto no Clube Náutico do Freixo:



Xosé Ramón Riomao (Portavoz municipal de Compromiso Por Outes)
María Xosé Alfonso Torres (Candidata de Compromiso ao Parlamento Europeo pola nosa comarca)
Xoán Bascuas (Secretario Xeral)
Paulo Carlos López ( Candidato de CxG ao Parlamento Europeo)

Ás 14:30 Xantar

Ás 17:00 Foto da comarca no Monte Tremuzo.

Ás 19:30 Acto na fábrica de SEL en Muros:


María Sambade ( Secretaria local de CxG Muros)
María Xosé Alfonso (Candidata de Compromiso ao Parlamento Europeo pola nosa comarca)
Xoan Bascuas (Secretario Xeral))
Paulo Carlos López ( Candidato de CxG ao Parlamento Europeo)

miércoles, 19 de marzo de 2014

Militantes e simpatizantes de Compromiso Por Galicia de Muros, Noia e Barbanza participarán nas primarias abertas a cidadanía para a elección do candidat@ as eleccións europeas.

Varios militantes e simpatizantes da comarca de Muros-Noia e a Barbanza  desprazáranse a Santiago de Compostela, o vindeiro venres para participar nas primarias abertas a cidadanía de Compromiso Por Galicia.  Elixirán o candidato da organización galeguista de cara as vindeiras eleccións europeas que se celebrarán o vindeiro 25 de maio, dentro da coalición técnica impulsada polo PNV na que participarán CIU e Coalición Canaria.


O coordinador comarcal  Manolo Seijas, animou a participar neste proceso electoral aberto a cidadanía. Asegurou que é un proceso democrático onde non só poden participar militantes e simpatizantes, senón que nel tamén poden participar calquera cidadán que así o desexe so é preciso inscribirse na web www.compromisoxgalicia.org ou estar presente unha hora antes da votación.


Elixirán entre catro candidatos: Teba Conde, da Agrupación Local de CxG de Teo, profesora de primaria en Laxe e membro do Consello Político Nacional de CxG; Paulo Carlos López, ex Secretario Xeral da xuventudes de CxG (Mocidade Nacionalista Galega) e membro da Executiva de CxG; o ourensán Xosé Mosquera, profesor de Dereito Constitucional da Universidade de Vigo, e tamén membro do Consello Político Nacional e cómpre destacar a participación de Pablo Penedo, coruñés, non afiliado ao partido, xa que as primarias de Compromiso están abertas á cidadanía, tanto como electores como elixíbeis.

A reducción do IBI votárase en Muros grazas a Compromiso

O xulgado do contencioso-administrativo nº4 de A Coruña acaba de ditar sentencia estimando a demanda interposta pola concelleira de Compromiso por Galicia, María Xosé Alfonso Torres, contra a alcaldesa de Muros, Caridad González, por non permitir esta que se votara, en ningún dos dous plenos ordinarios celebrados en setembro e outubro de 2013, a procedencia da inclusión dunha proposta de Compromiso por Galicia para que o IBI non subira ao 0’6 % e quedara no 0’4 % para bens urbanos e no 0’3 % para bens rústicos.279432_1879218864858_228738_o
Dende Compromiso por Galicia sinalan que a sentencia, contra a que cabe recurso de apelación, obriga á alcaldesa de Muros a levar a pleno a proposta de CxG para que sexa o pleno quen decida se se debe debatir ou non e votar esa proposta que, de saír aprobada, faría que o aumento dos recibos da contribución non fora tan brutal.
Para CxG xa é grave que dende o goberno municipal se estea mentindo á xente Muros dicindo que o concello non tivo nada que ver cos novos valores catastrais (cando estes foron posibles porque dende o concello se enviou á Xerencia Rexional do Catastro un informe claramente favorable a eses novos valores catastrais) e culpando exclusivamente ao goberno de Rajoy de subir o IBI ao 0’6 % (cando isto é culpa de Rajoy no ano 2013 e da alcaldesa de Muros a partir do 2014), pero moito máis grave é que o goberno municipal de Muros non teña reparo en incumprir a lei para poñerse o soldo que lle sae da gana (motivo polo que acumula dúas sentencias na súa contra) ou aumentar os ingresos do concello a conta do maltratado peto dos muradáns e muradás. Dende a formación galeguista pregúntanse, en mans de quen estamos.
Asimesmo, dende a formación galeguista CxG, sinalan que o feito de que esta sexa xa a terceira sentencia contra a alcaldesa por abuso de poder é significativo e demostra a actitude ditatorial da alcaldesa ao impedir que sexa toda a corporación en sesión plenaria quen tome certas decisións que lle corresponden por lei ao pleno.
Finalmente, dende CxG queren volver recordar a toda a cidadanía muradá que, tal e como xa anunciaron no seu momento, non se van quedar de brazos cruzados cando se produza un feito como este que perxudica gravemente a maltreita economía de miles de familias muradás e os seus dereitos, e se para corrixilo non lle queda outra que acudir á xustiza faranno as veces que sexa preciso.

lunes, 17 de marzo de 2014

A alcaldesa de Muros terá que levar a pleno por sentenza xudicial a proposta de CxG de reducir a IBI

279432_1879218864858_228738_o

O xulgado do contencioso-administrativo nº4 de A Coruña acaba de ditar sentencia estimando a demanda interposta pola concelleira de Compromiso por Galicia, María Xosé Alfonso Torres, contra a alcaldesa de Muros, Caridad González, por non permitir esta que se votara, en ningún dos dous plenos ordinarios celebrados en setembro e outubro de 2013, a inclusión dunha proposta de Compromiso por Galicia para que o IBI non subira ao 0’6 % e quedara no 0’4 % para bens urbanos e no 0’3 % para bens rústicos.


A resolución da sentenza obriga á alcaldesa de Muros a levar a pleno a proposta de CxG para que sexa este quen decida se se debe votar ou non. Se ben é certo, que aínda cabe recurso de apelación por parte da alcaldesa socialista.


Para CxG xa é grave que dende o goberno municipal se estea mentindo á xente Muros dicindo que o concello non tivo nada que ver cos novos valores catastrais (cando estes foron posibles porque dende o concello se enviou á Xerencia Rexional do Catastro un informe claramente favorable a eses novos valores catastrais) e culpando exclusivamente ao goberno de Rajoy de subir o IBI ao 0’6 % (cando isto é culpa de Rajoy no ano 2013 e da alcaldesa de Muros a partir do 2014). Precisamente, a proposta de CxG faría que o aumento dos recibos non fose tan notable, no caso de saír aceptada.


Polo momento, esta é xa a terceira sentencia contra a alcaldesa por abuso de poder, o cal demostra a actitude ditatorial da alcaldesa ao impedir que sexa toda a corporación en sesión plenaria quen tome certas decisións que lle corresponden por lei ao pleno.


Recordamos a tódolos veciños muradás que, tal e como dixemos anteriormente, non quedaremos de brazos cruzados cando se produza un feito como este que perxudica gravemente a maltreita economía de miles de familias, aínda que a solución pase por recurrir á xustiza.

martes, 18 de febrero de 2014

Compromiso propón mancomunar o Centro de Día de Lousame para garantir a súa viabilidade.

Compromiso por Galicia presentará una moción para que se inclúa no vindeiro pleno na que pretende instar ao equipo de goberno a que asine un convenio con outros concellos da comarca co fin de mancomunar o servizo do Centro de Día.

A resolución da alcaldía número 893 pola cal se solicita a Deputación 45.000€ para afrontar os gasto que ocasiona o Centro de Día,  é o exemplo palpable de que o Concello non ten a capacidade de asumir a xestión en solitario deste servizo

O concelleiro de CxG en Lousame, Antón Ageitos asegura que “ É a única forma de garantir o servizo do centro de día en Lousame sen hipotecar ao noso concello”

Compromiso indica que un amplo porcentaxe dos actuais usuarios son residentes en Noia, polo que este sería un dos Concellos chamados a asinar o convenio de colaboración, polo cal serían responsables da xestión do centro de Lousame, asumindo a parte proporcional dos custes deste.


Dende a agrupación galeguista, indican que están a favor de manter o Centro de Día xa que son políticas de benestar social, máis entenden que é o momento de que os Concellos mancomunen servizos sociais para manter a súa viabilidade.


miércoles, 5 de febrero de 2014

Artigo do Coordinador comarcal Manolo Seijas "Apostemos polo noso para crear emprego"


Apostemos polo noso para crear emprego.

O paro, esa cousa que preocupa ao 77,7% dos españois segundo o barómetro do CIS do mes de decembro, segue a subir considerablemente na comarca de Muros-Noia dun xeito abrumador. Tentarei explicar polo miúdo a situación actual e as causas que fan posible este aumento do desemprego na nosa zona.

O concello onde se incrementou o desemprego en maior medida en termos porcentuais foi Outes, xa que no mes de xaneiro rexistrou unha subida dun 5,3 por cento. Por outra banda, Noia tamén incremento a taxa de paro de xeito moi importante, pasando de 1212 a 1245, o que suman 33 persoas desempregadas máis.

Pese a que alguén di que estamos rexistrando datos positivos a nivel macroeconómico, a situación empeora paseniño a paseniño. En realidade, preocúpanme considerablemente estes datos, pois temos que entender a situación económica da nosa comarca.nA principal fonte de ingresos é o marisqueo. Na nosa comarca da traballo a 1.800 persoas, directa e indirectamente.

É por tanto curioso que cando se esta en pleno período de extracción do marisco, setembro a marzo, o paro rexistre unha subida do un por cento na nosa comarca. Eu pregúntome, ¿ que pasará no mes de marzo cando remate a extracción de marisco? Mariscadores, traballadores da lonxa, vixiantes… quedarán sen posto de traballo debido a estacionalidade da producción.
Son tempos de pensar en futuro, din que a necesidade agudiza o enxeño: pois toca innovar e impulsar unha comarca capaz de crear emprego.

Por que non poñemos en marcha os nosos sectores productivos? Poñamos a traballar a nosa principal fonte de riqueza, o mar. Por que non somos capaces de crear un tecido productivo na nosa comarca? Por que non somos capaces de optimizar os nosos recursos e conseguir crear emprego deste xeito? Criemos aquí , extraíamos aquí, transformemos aquí e vendamos dende a nosa comarca. Temos o producto, promocionemos a nosa denominación de orixe.

Outro dos sectores importantes na nosa comarca é o turismo, así que apostemos logo polo turismo rural, xa que para elo só temos que poñer en valor o noso patrimonio e promocionalo alá onde sexa preciso.
Apostemos tamén por un turismo de sol e praia sostible, ofrezamoslle aos turistas as mellores instalacións posibels nas praias, coidemos os nosos xardins…

Só así poñendo en valor o noso, o que temos, o que hai que soster, seremos capaces de conseguir dunha vez por todas crear emprego nos nosos concellos. É fácil dicilo, pero moi difícil facelo, sobre todo se na clase política falta COMPROMISO.

lunes, 3 de febrero de 2014

Compromiso insta ao equipo de goberno de Lousame a que as contratacións sexan con publicidade.

 Compromiso Por Galicia cree que é importante que nos tempos que corren o emprego que poida xerarse dende as administración debe estar en pé de igualdade para todo o mundo.

O concelleiro de CxG; Antón Ageitos comentou que na obra que se vai facer “Camiño Confurco-Ces” a contratación licitouse sen publicidade, práctica moi común neste tipo de contratos. O  convidan a tres empresas a participar no concurso e de esas tres elixen a que mellor oferta fai.

Este tipo de contratacións non permiten que outras empresas teñan a posibilidade de presentar a súa propia oferta. Ageitos insiste en que “ se trata de algo totalmente legal, pero que permite que se leven a cabo dedazos de xeito indirecto” Comenta que “ das tres empresas que se convidaron a participar só dúas presentaron o proxecto”


Dende Compromiso róganlle a alcaldesa que se presume ante a opinión pública de transparencia política que empece a erradicar este tipo de contratos.


jueves, 30 de enero de 2014

128 ANIVERSARIO DE CASTELAO



Compromiso por Galicia quere acordarse hoxe dun dos pais do nacionalismo galego, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que tal día coma hoxe tería cumpridos 128 anos.

Persoeiro ecléctico e polifacético na historia do país, exerceu como político e artista a pesares de ter estudado medicina: "Fíxenme médico por amor a meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

Viuu a seu pai emigrar a Arxentina sendo el neno, e axiña se posicionou como un firme contrario ao sistema caciquil galego, e ingresou no movemento Acción Gallega. A partir de aí, a súa vida pública foi incesante entre colaboracións con xornais, actos de activismo e exposicións e ponencias ligadas á súa prolífica e crítica obra artística (contos, caricaturas, novelas, etc). Pero os seus logros traspasaron Galicia, e durante os seus viaxes e exilio a Buenos Aires foi deixando a súa pegada e abrindo paso a uns galegos loitadores e protectores da súa terra. Foi no comezo dos anos 20 cando tivo lugar a o seu fito máis destacado: a fundación da Revista Nós acompañado de Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e outros moitos persoeiros da cultura patria. Ao longo da súa vida continuou sen ningún tipo de cese, nin sequera tras sufrir de cegueira, a labor por mellorar a Galicia que lle tocou vivir a través de irresumibles proxectos e iniciativas.

Falece no 1950 en Buenos Aires, non sen deixar antes o que hoxe en día se considera o manual do nacionalismo galego: Sempre en Galiza. Os restos de Castelao voltaron a Galicia no 1984 para descansar no panteón de Galegos Ilustres, onde sempre repousará en paz e co infinito agradecemento de todos os galegos por deixarnos un pensamento que non morrerá nunca. 

martes, 28 de enero de 2014

O aparcadoiro da Rúa Xuíz Falcone é un "paripé"

Dende Compromiso por Galicia seguimos a denunciar a  situación da Rúa Xuíz Falcone. No mes de maio iniciáronse unhas catas do terreo para supostamente redactar o proxecto. Durante o verán paralizáronse as obras do aparcadoiro e no mes de setembro ante unha pregunta efectuada pola nosa organización no pleno o alcalde Rafael Garcia Guerrero respondía que as obras iniciaríanse no mes de novembro. Dous meses máis tarde a situación na Rúa Xuíz Falcone é xa critica: as pozas de auga e a lama fixéronse inquilinas da rúa.

O pasado tres de xaneiro CxG acudía ao rexistro a preguntar por terceira vez polo proxecto do aparcadoiro, ademais de interesarse polo estado das obras. A resposta a día de hoxe é nula. O aparcadoiro segue no mesmo estado:INEXISTENTE.

Dende Compromiso insistimos en que non é o momento de levar a cabo un aparcadoiro que hipoteque ao Concello de Noia e instámolo a levar a cabo unha serie de medidas puntuais que mellorarían dun xeito considerable esta situación.

O primeiro punto é o adecentamento do Aparcadoiro da Rúa Perito Don Basilio.  A segunda proposta é o optimización e sinalización do aparcadoiro de Pedra Sartaña e a posterior unificación co aparcadoiro do Paseo Marítimo para facilitar o acceso ao aparcadoiro.

Outra das propostas é que a Rúa Irmáns Labarta sexa de sentido único para facer uso do carril como aparcamento.



E tamén pedimos que se volva  asfaltar a Rúa Xuíz Falcone

lunes, 27 de enero de 2014

COMPROMISO POR GALICIA ÚNESE EN COALICIÓN AO PNV NAS ELECCIÓNS EUROPEAS

Tra-la convención celebrada o pasado sábado en Padrón, o partido nacionalista xa decidiu o seu futuro respecto á concorrencia aos comicios europeos. Despois da proposta e defensa das distintas posibilidades, o 69% dos presentes elixiron como mellor opción a coalición co Partido Nacionalista Vasco e outras forzas nacionalistas, por compartir con eles a obrigación e a responsabilidade coa terra propia.
Continúa o traballo en equipo tras este acto de democracia, no que a totalidade do partido fará súa a candidatura.
A nova completa vía Praza, aquí.

viernes, 24 de enero de 2014

Os militantes de Compromiso de Muros e Noia participarán na Convención Electoral Eleccións Europeas 2014

Varios militantes de Compromiso Por Galicia de Muros e Noia participarán mañá na Convención de cara as eleccións europeas.


Unha amplo numero de militantes de Compromiso Por Galicia na comarca de Muros e Noia participarán na Convención Electoral Europea que se celebrará mañá no Hotel Scala en Padrón.

O obxectivo desta convención é decidir de que xeito CxG concorrerá as próximas eleccións do 25 de maio, se é que finalmente deciden ir. As dúas opcións que máis se barallan é a posibilidade de acudir en coalición as eleccións, tamén ten peso dentro da militancia a posibilidade de non concorrer e centrarse nas municipais do vindeiro ano.

María Sambade, secretaria local de Compromiso en Muros defenderá xunto a Gonzalo Constenla e Xosé Manuel Pérez Bouza a proposta de concorrer co Partido Nacionalista Vasco.

Manolo Seijas, destacou que se decida concorrer ou non Compromiso Por Galicia dará unha lección de democracia interna xa que é a única organización política onde os militantes deciden libremente. Comentou que todos seguirán traballando coa mesma ilusión e que saíran reforzados da Convención.

Membros da executiva Comarcal de CxG

miércoles, 22 de enero de 2014

CxG eleva aos tribunais a subida do IBI en Muros

CxG eleva aos tribunais a subida do IBI en Muros


Os concelleiros de Compromiso Por Galicia en Muros veñen de presentar unha demanda contra a alcaldesa do pobo, xa que consideran un claro abuso de poder a actuación da rexedora no tratamento da subida do IBI. 


A problemática remóntase á aprobación da nova ponencia de valores co visto bo do goberno municipal, que supón que suban de maneira desmesurada a maior parte dos valores catastrais.

Ademais deste aumento de valores o goberno “socialista” liderado por Caridad González aproba en pleno , tendo que facer uso do voto de 0 da alcaldesa pola ausencia dunha concelleira do PP, a suba do IBI ao 0'6 % para bens tanto urbanos como rústicos (antes estaba en 0'4 % para os urbanos e en 0'3 % para os rústicos).

Esta subida do IBI, xunto coa revisión catastral fan que os recibos da contribución suban brutalmente, chegando algúns a cuadriplicarse e incluso quintuplicarse. Ante tal atraco para os petos dos veciños de Muros , CxG presenta ata en tres ocasións unha proposta para ser debatida e votada en sesión plenaria para que o IBI quede como estaba (no 0'4 % e 0'3 %).

A primeira vez realízase por urxencia no pleno do 26 de setembro de 2013 e A ALCALDESA NÉGASE A DEIXAR VOTAR A URXENCIA, INCUMPRINDO ASÍ O ARTIGO 91.4 DO ROF. Ante esta negativa, CxG presenta esta mesma proposta por rexistro de entrada e acompañada dun escrito dirixido á alcaldía para que sexa incluída na sesión plenaria do mes de outubro. Debido a que a alcaldesa non inclúe a proposta na orde do día da sesión plenaria do 30 de outubro, nesta mesma sesión CxG volve a presentar por urxencia a proposta e A ALCALDESA VOLVE A INCUMPRIR O ARTIGO 91.4 DO ROF VOLVENDO A IMPEDIR A VOTACIÓN DA URXENCIA

Estimamos dende Compromiso Por Galicia un claro abuso de poder que
vulnera os dereitos fundamentais dos concelleiros de CxG e , sobre todo, IMPIDE QUE SE DEBATA E VOTE EN PLENO UN TEMA DE ESPECIAL INTERÉS PARA A CIDADANÍA MURADÁ, algo que CxG non vai consentir e para evitalo vese na obriga de acudir á xustiza. Por iso, o pasado día 8 de xaneiro formalizou unha demanda no xulgado do contencioso-administrativo nº 4 de A Coruña solicitando o seguinte:

a) Que anule o acto da alcaldesa polo que esta impediu a xustificación e votación da inclusión por urxencia da proposta de CxG para deixar o IBI como estaba antes da suba
b) Que requira ao concello de Muros que proceda a convocar novamente o Pleno a fin de tramitar a citada proposta conforme establece o artigo 91.4 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais.

Esta actitude non é nova por parte da alcaldesa, dende Compromiso Por Galicia recorda que no pleno do 21 de marzo de 2013 a alcaldesa impediu o debate sobre a proposta de CxG para que de gravaran os plenos, ou no pleno do 7 de xullo de 2011 onde expulsou de maneira ilegal á concelleira María Xosé Alfonso para aprobar o seu soldo, e polo que o concello xa acumula dúas sentencias en contra, unha do contencioso-administrativo nº 3 de A Coruña e outra firme do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.



A razón destes reiterados comportamentos non é outra que evitar que o conxunto plenario poida expresar libremente a súa posición en diferentes cuestións debido a estar o goberno municipal en minoría con 6 concelleiros (dun total de 13), Isto constitúe ademais dunha vulneración do dereito fundamental á participación política dos concelleiros elixidos democraticamente pola cidadanía, un ataque aos máis elementais principios da nosa democracia.

martes, 21 de enero de 2014

ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Compromiso por Galicia celebrará o vindeiro sábado 25 no Hotel Scala (Padrón), unha convención nacional na que militantes e simpatizantes porán sobre a mesa as distintas posibilidades de concorrencia ao proceso electoral europeo e procederán posteriormente a decidir cal delas se adopta. Para inscribirse, consultar o regulamento da mesma ou aclarar calquera outra dúbida, visite a páxina oficial aquí, onde atopará tamén o correo electrónico dos coordinadores comarcais para apuntarse á convención e xantar mediante eles.


viernes, 10 de enero de 2014

CxG de Muros: Estes son os presupostos do “descaro político”

CxG de Muros: Estes son os presupostos do “descaro político”

María Xosé Alfonso criticou que os presupostos de Muros para o vindeiro 2014 son os presupostos do “descaro político”.

Pese a que o Concello de Muros prevé ingresar no ano 2014 335 884 ,69€ máis que no ano anterior e en palabras da alcaldesa “serán investidos no benestar dos veciños” lonxe disto os presupostos contemplan conxelacións nas partidas destinadas a axudar as familias sen recursos.
xornal
CxG criticou fortemente a baixada das actividades de educación que descenden nun 45% aproximadamente e a forte baixada de 7.000 euros adicada a promoción económica, comercial e turística, nun concello que vive en gran parte do sector turístico e que precisa medidas de impulso da actividade económica , sobre todo nos sectores comercial e empresarial. Pasando estes 7.000 a festas populares.
María Xosé Alfonso recordou que o concello gasta 77.000€ en asesores e que non hai ningún concello na comarca que ronde esa partida, recoméndalle que no vindeiro ano suprima esta partida e a adique as cousas verdadeiramente importantes.
Abelleira outra vez completamente esquecida: E xa son dous os presupostos nos que a alcaldesa se esquece da parroquia da Abelleira, nin unha soa actuación.
O centro sociocultural para louro tamén esquecido: as promesas voan en Muros, este local tan prometido para os veciños de Louro quedou no esquecemento da alcaldesa, así como o viveiro de empresas , tendo incluso o concello que devolver os 150.000 € que o Ministerio de Industria lle dera para este proxecto.
“O Paripé do Pleno”
O Partido Popular non asiste ao Pleno de Muros e iso permite que o Partido Socialista poida aprobar en solitario os presupostos para o vindeiro ano. 
O pleno previsto nun primeiro momento para o día 2 de xaneiro, foi aprazado por petición do Partido Popular para o xoves 9 de xaneiro ás 20:30. Os concelleiros de COMPROMISO POR GALICIA reciben unha convocatoria extraordinaria e urxente para esemesmo xoves ás 11:00, logo de poñernos en contacto coa alcaldesa confírmanos de que de ser pola tarde un concelleiro do Partido Popular non pode acudir. Finalmente o Partido Popular non aparece na sesión plenaria das 11:00 polo que os presupostos “ do descaro político” foron aprobadosOs concelleiros de CxG deixaron claro que non ían ser participes deste paripé ao demostrarse que a alcaldesa se asegurou a maioría suficiente no pleno convocando este nun horario no que sabía que non podía asistir toda a oposición, para poder así sacar adiante uns orzamentos que non foi capaz de negociar co PP e nin intentou con CxG. Os concelleiros de CxG abandonan o pleno nun exercicio de responsabilidade e lealdade aos veciños e veciñas de Muros.
Segundo María Xosé Alfonso queda patente a falta de respeto polo procedemento democrático da alcaldesa Caridad González e a irresponsabilidade dos concelleiros do Partido Popular, que demostran unha vez máis, e xa son moitas, que os veciños de Muros non lle merecen ningún respecto.

jueves, 2 de enero de 2014

CxG solicita unha planificación do horario da biblioteca municipal de Noia.

CxG solicita unha planificación do horario da biblioteca municipal de Noia.

Compromiso Por Galicia presentou esta mañá unha solicitude no Concello de Noia para que se leve a cabo unha planificación dos horarios da biblioteca municipal e que os usuarios teñan acceso a eles con un mes de antelación.

O portavoz Manolo Seijas,  asegurou que “ hai multitude de queixas dos usuarios, xa que este nadal os horarios non foron publicados coa suficiente antelación” criticou ademais que a biblioteca permaneceu cerrada en días laborables.

Seijas indicou que se tratan dunhas datas na que os estudantes están a preparar os exames do mes de xaneiro e a biblioteca recibe un número considerable de usuarios, polo que o Concello debe ser sensible a esta cuestión e facilitar uns horarios adaptados ao estudantado.

Compromiso Por Galicia propuxo que soamente se cerre a biblioteca os domingos e festivos, e que os horarios sexan os habituais de todo o ano, xa que é de xustiza que o Concello ofreza un servizo de calidade nestas datas tan importantes para o estudantado.