miércoles, 19 de marzo de 2014

Militantes e simpatizantes de Compromiso Por Galicia de Muros, Noia e Barbanza participarán nas primarias abertas a cidadanía para a elección do candidat@ as eleccións europeas.

Varios militantes e simpatizantes da comarca de Muros-Noia e a Barbanza  desprazáranse a Santiago de Compostela, o vindeiro venres para participar nas primarias abertas a cidadanía de Compromiso Por Galicia.  Elixirán o candidato da organización galeguista de cara as vindeiras eleccións europeas que se celebrarán o vindeiro 25 de maio, dentro da coalición técnica impulsada polo PNV na que participarán CIU e Coalición Canaria.


O coordinador comarcal  Manolo Seijas, animou a participar neste proceso electoral aberto a cidadanía. Asegurou que é un proceso democrático onde non só poden participar militantes e simpatizantes, senón que nel tamén poden participar calquera cidadán que así o desexe so é preciso inscribirse na web www.compromisoxgalicia.org ou estar presente unha hora antes da votación.


Elixirán entre catro candidatos: Teba Conde, da Agrupación Local de CxG de Teo, profesora de primaria en Laxe e membro do Consello Político Nacional de CxG; Paulo Carlos López, ex Secretario Xeral da xuventudes de CxG (Mocidade Nacionalista Galega) e membro da Executiva de CxG; o ourensán Xosé Mosquera, profesor de Dereito Constitucional da Universidade de Vigo, e tamén membro do Consello Político Nacional e cómpre destacar a participación de Pablo Penedo, coruñés, non afiliado ao partido, xa que as primarias de Compromiso están abertas á cidadanía, tanto como electores como elixíbeis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario