O xulgado do contencioso-administrativo nº4 de A Coruña acaba de ditar sentencia estimando a demanda interposta pola concelleira de Compromiso por Galicia, María Xosé Alfonso Torres, contra a alcaldesa de Muros, Caridad González, por non permitir esta que se votara, en ningún dos dous plenos ordinarios celebrados en setembro e outubro de 2013, a inclusión dunha proposta de Compromiso por Galicia para que o IBI non subira ao 0’6 % e quedara no 0’4 % para bens urbanos e no 0’3 % para bens rústicos.
A resolución da sentenza obriga á alcaldesa de Muros a levar a pleno a proposta de CxG para que sexa este quen decida se se debe votar ou non. Se ben é certo, que aínda cabe recurso de apelación por parte da alcaldesa socialista.
Para CxG xa é grave que dende o goberno municipal se estea mentindo á xente Muros dicindo que o concello non tivo nada que ver cos novos valores catastrais (cando estes foron posibles porque dende o concello se enviou á Xerencia Rexional do Catastro un informe claramente favorable a eses novos valores catastrais) e culpando exclusivamente ao goberno de Rajoy de subir o IBI ao 0’6 % (cando isto é culpa de Rajoy no ano 2013 e da alcaldesa de Muros a partir do 2014). Precisamente, a proposta de CxG faría que o aumento dos recibos non fose tan notable, no caso de saír aceptada.
Polo momento, esta é xa a terceira sentencia contra a alcaldesa por abuso de poder, o cal demostra a actitude ditatorial da alcaldesa ao impedir que sexa toda a corporación en sesión plenaria quen tome certas decisións que lle corresponden por lei ao pleno.
Recordamos a tódolos veciños muradás que, tal e como dixemos anteriormente, non quedaremos de brazos cruzados cando se produza un feito como este que perxudica gravemente a maltreita economía de miles de familias, aínda que a solución pase por recurrir á xustiza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario