martes, 18 de febrero de 2014

Compromiso propón mancomunar o Centro de Día de Lousame para garantir a súa viabilidade.

Compromiso por Galicia presentará una moción para que se inclúa no vindeiro pleno na que pretende instar ao equipo de goberno a que asine un convenio con outros concellos da comarca co fin de mancomunar o servizo do Centro de Día.

A resolución da alcaldía número 893 pola cal se solicita a Deputación 45.000€ para afrontar os gasto que ocasiona o Centro de Día,  é o exemplo palpable de que o Concello non ten a capacidade de asumir a xestión en solitario deste servizo

O concelleiro de CxG en Lousame, Antón Ageitos asegura que “ É a única forma de garantir o servizo do centro de día en Lousame sen hipotecar ao noso concello”

Compromiso indica que un amplo porcentaxe dos actuais usuarios son residentes en Noia, polo que este sería un dos Concellos chamados a asinar o convenio de colaboración, polo cal serían responsables da xestión do centro de Lousame, asumindo a parte proporcional dos custes deste.


Dende a agrupación galeguista, indican que están a favor de manter o Centro de Día xa que son políticas de benestar social, máis entenden que é o momento de que os Concellos mancomunen servizos sociais para manter a súa viabilidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario