Apostemos polo noso para crear emprego.
O paro, esa cousa que preocupa ao 77,7% dos españois segundo o barómetro do CIS do mes de decembro, segue a subir considerablemente na comarca de Muros-Noia dun xeito abrumador. Tentarei explicar polo miúdo a situación actual e as causas que fan posible este aumento do desemprego na nosa zona.O concello onde se incrementou o desemprego en maior medida en termos porcentuais foi Outes, xa que no mes de xaneiro rexistrou unha subida dun 5,3 por cento. Por outra banda, Noia tamén incremento a taxa de paro de xeito moi importante, pasando de 1212 a 1245, o que suman 33 persoas desempregadas máis.
Pese a que alguén di que estamos rexistrando datos positivos a nivel macroeconómico, a situación empeora paseniño a paseniño. En realidade, preocúpanme considerablemente estes datos, pois temos que entender a situación económica da nosa comarca.nA principal fonte de ingresos é o marisqueo. Na nosa comarca da traballo a 1.800 persoas, directa e indirectamente.
É por tanto curioso que cando se esta en pleno período de extracción do marisco, setembro a marzo, o paro rexistre unha subida do un por cento na nosa comarca. Eu pregúntome, ¿ que pasará no mes de marzo cando remate a extracción de marisco? Mariscadores, traballadores da lonxa, vixiantes… quedarán sen posto de traballo debido a estacionalidade da producción.
Son tempos de pensar en futuro, din que a necesidade agudiza o enxeño: pois toca innovar e impulsar unha comarca capaz de crear emprego.
Por que non poñemos en marcha os nosos sectores productivos? Poñamos a traballar a nosa principal fonte de riqueza, o mar. Por que non somos capaces de crear un tecido productivo na nosa comarca? Por que non somos capaces de optimizar os nosos recursos e conseguir crear emprego deste xeito? Criemos aquí , extraíamos aquí, transformemos aquí e vendamos dende a nosa comarca. Temos o producto, promocionemos a nosa denominación de orixe.
Outro dos sectores importantes na nosa comarca é o turismo, así que apostemos logo polo turismo rural, xa que para elo só temos que poñer en valor o noso patrimonio e promocionalo alá onde sexa preciso.
Apostemos tamén por un turismo de sol e praia sostible, ofrezamoslle aos turistas as mellores instalacións posibels nas praias, coidemos os nosos xardins…
Só así poñendo en valor o noso, o que temos, o que hai que soster, seremos capaces de conseguir dunha vez por todas crear emprego nos nosos concellos. É fácil dicilo, pero moi difícil facelo, sobre todo se na clase política falta COMPROMISO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario