O concelleiro de CxG; Antón Ageitos comentou que na obra que
se vai facer “Camiño Confurco-Ces” a contratación licitouse sen publicidade,
práctica moi común neste tipo de contratos. O
convidan a tres empresas a participar no concurso e de esas tres elixen
a que mellor oferta fai.
Este tipo de contratacións non permiten que outras empresas
teñan a posibilidade de presentar a súa propia oferta. Ageitos insiste en que “
se trata de algo totalmente legal, pero que permite que se leven a cabo dedazos
de xeito indirecto” Comenta que “ das tres empresas que se convidaron a
participar só dúas presentaron o proxecto”
Dende Compromiso róganlle a alcaldesa que se presume ante a
opinión pública de transparencia política que empece a erradicar este tipo de
contratos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario