jueves, 30 de enero de 2014

128 ANIVERSARIO DE CASTELAO



Compromiso por Galicia quere acordarse hoxe dun dos pais do nacionalismo galego, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que tal día coma hoxe tería cumpridos 128 anos.

Persoeiro ecléctico e polifacético na historia do país, exerceu como político e artista a pesares de ter estudado medicina: "Fíxenme médico por amor a meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

Viuu a seu pai emigrar a Arxentina sendo el neno, e axiña se posicionou como un firme contrario ao sistema caciquil galego, e ingresou no movemento Acción Gallega. A partir de aí, a súa vida pública foi incesante entre colaboracións con xornais, actos de activismo e exposicións e ponencias ligadas á súa prolífica e crítica obra artística (contos, caricaturas, novelas, etc). Pero os seus logros traspasaron Galicia, e durante os seus viaxes e exilio a Buenos Aires foi deixando a súa pegada e abrindo paso a uns galegos loitadores e protectores da súa terra. Foi no comezo dos anos 20 cando tivo lugar a o seu fito máis destacado: a fundación da Revista Nós acompañado de Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e outros moitos persoeiros da cultura patria. Ao longo da súa vida continuou sen ningún tipo de cese, nin sequera tras sufrir de cegueira, a labor por mellorar a Galicia que lle tocou vivir a través de irresumibles proxectos e iniciativas.

Falece no 1950 en Buenos Aires, non sen deixar antes o que hoxe en día se considera o manual do nacionalismo galego: Sempre en Galiza. Os restos de Castelao voltaron a Galicia no 1984 para descansar no panteón de Galegos Ilustres, onde sempre repousará en paz e co infinito agradecemento de todos os galegos por deixarnos un pensamento que non morrerá nunca. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario