CxG de Muros: Estes son os presupostos do “descaro político”
María Xosé Alfonso criticou que os presupostos de Muros para o vindeiro 2014 son os presupostos do “descaro político”.
Pese a que o Concello de Muros prevé ingresar no ano 2014 335 884 ,69€ máis que no ano anterior e en palabras da alcaldesa “serán investidos no benestar dos veciños” lonxe disto os presupostos contemplan conxelacións nas partidas destinadas a axudar as familias sen recursos.
CxG criticou fortemente a baixada das actividades de educación que descenden nun 45% aproximadamente e a forte baixada de 7.000 euros adicada a promoción económica, comercial e turística, nun concello que vive en gran parte do sector turístico e que precisa medidas de impulso da actividade económica , sobre todo nos sectores comercial e empresarial. Pasando estes 7.000 a festas populares.
María Xosé Alfonso recordou que o concello gasta 77.000€ en asesores e que non hai ningún concello na comarca que ronde esa partida, recoméndalle que no vindeiro ano suprima esta partida e a adique as cousas verdadeiramente importantes.
Abelleira outra vez completamente esquecida: E xa son dous os presupostos nos que a alcaldesa se esquece da parroquia da Abelleira, nin unha soa actuación.
O centro sociocultural para louro tamén esquecido: as promesas voan en Muros, este local tan prometido para os veciños de Louro quedou no esquecemento da alcaldesa, así como o viveiro de empresas , tendo incluso o concello que devolver os 150.000 € que o Ministerio de Industria lle dera para este proxecto.
“O Paripé do Pleno”
O Partido Popular non asiste ao Pleno de Muros e iso permite que o Partido Socialista poida aprobar en solitario os presupostos para o vindeiro ano.
O pleno previsto nun primeiro momento para o día 2 de xaneiro, foi aprazado por petición do Partido Popular para o xoves 9 de xaneiro ás 20:30. Os concelleiros de COMPROMISO POR GALICIA reciben unha convocatoria extraordinaria e urxente para esemesmo xoves ás 11:00, logo de poñernos en contacto coa alcaldesa confírmanos de que de ser pola tarde un concelleiro do Partido Popular non pode acudir. Finalmente o Partido Popular non aparece na sesión plenaria das 11:00 polo que os presupostos “ do descaro político” foron aprobados. Os concelleiros de CxG deixaron claro que non ían ser participes deste paripé ao demostrarse que a alcaldesa se asegurou a maioría suficiente no pleno convocando este nun horario no que sabía que non podía asistir toda a oposición, para poder así sacar adiante uns orzamentos que non foi capaz de negociar co PP e nin intentou con CxG. Os concelleiros de CxG abandonan o pleno nun exercicio de responsabilidade e lealdade aos veciños e veciñas de Muros.
Segundo María Xosé Alfonso queda patente a falta de respeto polo procedemento democrático da alcaldesa Caridad González e a irresponsabilidade dos concelleiros do Partido Popular, que demostran unha vez máis, e xa son moitas, que os veciños de Muros non lle merecen ningún respecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario