CxG solicita unha planificación do horario da biblioteca municipal de Noia.
Compromiso Por Galicia presentou esta mañá unha solicitude no Concello de Noia para que se leve a cabo unha planificación dos horarios da biblioteca municipal e que os usuarios teñan acceso a eles con un mes de antelación.
O portavoz Manolo Seijas, asegurou que “ hai multitude de queixas dos usuarios, xa que este nadal os horarios non foron publicados coa suficiente antelación” criticou ademais que a biblioteca permaneceu cerrada en días laborables.
Seijas indicou que se tratan dunhas datas na que os estudantes están a preparar os exames do mes de xaneiro e a biblioteca recibe un número considerable de usuarios, polo que o Concello debe ser sensible a esta cuestión e facilitar uns horarios adaptados ao estudantado.
Compromiso Por Galicia propuxo que soamente se cerre a biblioteca os domingos e festivos, e que os horarios sexan os habituais de todo o ano, xa que é de xustiza que o Concello ofreza un servizo de calidade nestas datas tan importantes para o estudantado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario