Dende Compromiso por Galicia seguimos a denunciar a situación da Rúa Xuíz Falcone. No mes de maio iniciáronse unhas catas do terreo para supostamente redactar o proxecto. Durante o verán paralizáronse as obras do aparcadoiro e no mes de setembro ante unha pregunta efectuada pola nosa organización no pleno o alcalde Rafael Garcia Guerrero respondía que as obras iniciaríanse no mes de novembro. Dous meses máis tarde a situación na Rúa Xuíz Falcone é xa critica: as pozas de auga e a lama fixéronse inquilinas da rúa.
O pasado tres de xaneiro CxG acudía ao rexistro a preguntar por terceira vez polo proxecto do aparcadoiro, ademais de interesarse polo estado das obras. A resposta a día de hoxe é nula. O aparcadoiro segue no mesmo estado:INEXISTENTE.
Dende Compromiso insistimos en que non é o momento de levar a cabo un aparcadoiro que hipoteque ao Concello de Noia e instámolo a levar a cabo unha serie de medidas puntuais que mellorarían dun xeito considerable esta situación.
O primeiro punto é o adecentamento do Aparcadoiro da Rúa Perito Don Basilio. A segunda proposta é o optimización e sinalización do aparcadoiro de Pedra Sartaña e a posterior unificación co aparcadoiro do Paseo Marítimo para facilitar o acceso ao aparcadoiro.
Outra das propostas é que a Rúa Irmáns Labarta sexa de sentido único para facer uso do carril como aparcamento.
E tamén pedimos que se volva asfaltar a Rúa Xuíz Falcone
No hay comentarios:
Publicar un comentario