viernes, 23 de agosto de 2013

Denuncia as irregularidades no proceso de selección do GES en Muros

Xa están traballando os doce membros do GES de Muros. Dúas desas doce persoas proceden directamente da brigada de obras do concello de Muros e as outras dez foron seleccionadas polo concello a través dun proceso de selección que está xenerando varias reclamacións e moitas dúbidas e malestar.
 575445_4920324410596_1784856744_sDúbidas alimentadas pola propia alcaldesa de Muros ao negarse a permitirlle a María Xosé Alfonso, coordinadora territorial de Compromiso por Galicia e concelleira en Muros, ter acceso ao expediente e documentación deste proceso, tal e como solicitou por escrito en dúas ocasións a concelleira.
Compromiso por Galicia sospeita que foron seleccionadas persoas que non cumprían os requisitos, concretamente que non posuían o carnet C antes do 26 de xuño tal e como esixían as bases do proceso. Algo que é, ademáis de irregular, inxusto con todas aquelas persoas que non se presentaron por non ter ese permiso de condución.
A isto hai que engadir que na elaboración do listado definitivo de persoas a contratar e , posteriormente contratadas, non se tiveron en conta as reclamacións feitas por varias persoas aspirantes, e resoltas por resolución asinada pola propia alcaldesa na que se lles recoñece que foron mal puntuados os seus méritos.
 Pero aínda hai máis, Compromiso por Galicia recibiu tamén outras queixas como que aos aspirantes non se lles pediu DNI nin acreditación cando foron facer as probas, ou que algúns certificados de servicios prestados como voluntarios de protección civil non foron admitidos pola comisión de selección pero outros similares si, ou que algunhas probas están mal corrixidas, etc…..
 Ante todo isto, Compromiso por Galicia reclama transparencia neste proceso . Neste sentido, María Xosé Alfonso asegura que se ten acceso ao expediente e non atopa ningunha irregularidade será a primeira en comunicar publicamente, e especialmente a todas aquelas persoas que se achegaron a CxG a trasladar queixas, que todo foi limpo e legal.
 De non ser así, a formación galeguista non descarta tomar accións legais, pois a alcaldesa podería ter cometido un delito de prevaricación ao contratar a estas persoas sabendo que non cumprían os requisitos ou que non eran as de maior puntuación.
Dende Compromiso indican que seguirán a loitar pola igualdade entre todos os cidadáns e non toleran a existencia de preferencias no acceso ao emprego público.