domingo, 7 de abril de 2013

Membros de CXG Muros'-Noia participaron onte nas "Xornadas de Política Municipal"





A reforma da Lei de bases de réxime local e a agrupación de concellos foron os eixos arredor dos que xiraron as ponencias decorridas este sábado nas xornadas de política municipal organizadas por Compromiso. Neste senso, a formación exixiu a retirada do anteproxecto de lei presentado polo Goberno español por "buscar a privatización dos servizos servizos" e constituír unha agresión contra "a autonomía dos concellos". 
Desde CxG defenden "o agrupamento municipal" naqueles concellos pequenos que precisen da xestión mancomunada de servizos
A nova norma, que prevé reforzar as competenciais das Deputacións provinciais en detrimento da xestión municipal en concellos pequenos foi duramente criticada por Xulia Guntín, membro da executiva de CxG. "É preciso repensar o mapa territorial" da Galiza, aseguran desde a formación galeguista mais, desde unha perspectiva diferente á defendida polos gobernos da Xunta e Madrid. Neste senso, @s edís que participaron da xornada aseguraron que urxe un outro modelo que facilite "a transparencia real e eectiva" da xestión municipal ao tempo que permita "a fiscalización" da mesma. 
Desde esta premisas, CxG defende a "agrupamento de concellos" mais matizan, non están a falar de fusión como promove a Xunta de Galiza. "Se procede" aseguraba na súa contade Twitter o líder da formación, Xoán Báscuas, apostan por desenvolver modelos de xestión conxunta que melloren a "eficiencia económica" e a "calidade dos servizos" fornecidos desde administracións municipais pequenas. Neste senso, os relatores aos que lles foi encomendada a ponencia sobre agrupamento municipal Xosé Manuel Vázquez e Iván Marrube quixeron desmentir que "os concellos pequenos non son viábeis" asegurando que "é máis eficiente a xestión de Vilar de Santos que a de Madrid". 
A xornada concluíu cun obradoiro en que se partillaron experiencias concretas a partir daquelas localidades en que a formación posúe representación na corporación municipal. Na clausura do acto, o secretario xeral de Compromiso, Xoán Báscuas quixo pór en valor a administración local "nunha época tan difícil coma esta" en que dixo os concellos son "a administración máis próxima" á cidadanía. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario