domingo, 14 de abril de 2013

Compromiso Por Galicia presentou este sábado dúas mocións no rexistro do Concello de Noia.


Xurxo Louro, Lola Caramés e Manolo Seijas presentaron este sábado dúas mocións no rexistro do Concello de Noia, para a súa inclusión no vindeiro pleno.

A primeira moción que presentaron foi para a regulación da AC-550 ao seu paso polo cruce da Barquiña. Manolo Seijas denunciou que se están sufrindo numerosos atrancos e que os veciños tardan unha media de cinco minutos para incorporarse a vía en dirección Orro e fano sen gozar de certa seguridade. Compromiso por tanto insta ao goberno local de Noia a que leve acabo unha actuación na zona, construíndo un instrumento regulador do tráfico de vehículos como é unha rotonda ou un semáforo.

A segunda moción trata sobre a transparencia nos concellos, Lola Caramés asegurou que nun momento no que o traballo é unha xoia para unha persoa, os concellos deben publicar con ao menos cinco días laborais para que os todos os cidadáns teñan a mesma información para poder presentarse a esas prazas. Noutro dos puntos das mocións CXG insta a que todas as contraccións que realice o concello, se soliciten tres propostas.

Ademais CXG propón que se elaboren unhas bases xerais de contratación laboral temporal e se traian a pleno para a súa aprobación, bases nas que se regulen a publicidade e os prazos, os requisitos e méritos, a constitución das comisións ou tribunais de selección e o uso e prazo de validez do listado de persoas resultante de cada proceso de selección.

(Xurxo Louro e Manolo Seijas)

No hay comentarios:

Publicar un comentario