Comprometidos co Galego
é o lema baixo o cal Compromiso Por Galicia quere premiar, de cara ao día das Letras Galegas a aquelas
empresas, asociación ou persoas físicas que promocionen e difundan o galego na
actualidade.
Dende está semana estarán aberto tanto o correo electrónico
compromisomurosnoia@gmail.com e as redes sociais de Twitter e de Facebook para
que as persoas que o desexen poidan presentar os entes candidatos ao trofeo.
O día 11 de maio reunírase un xurado de 8 persoas que gozan
de gran prestixio cultural na nosa comarca que serán os encargados de avaliar
as candidaturas e decidir quen é o gañador desta primeira edición.
Manolo Seijas, coordinador comarcal
de CXG, asegura que este tipo rompe cos esquemas das Letras Galegas de
homenaxeas a persoas que xa non están entre nos, para agraciar a todo aquel que
promocione a nosa lingua na actualidade. Espera que o a especie de concurso se
poida seguir levando a cabo no futuro e
convida a todas aquelas persoas que o desexen a presentar as candidaturas daquelas
persoas que consideren que utilizan o galego como a lingua propia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario