O 31 de maio de 2001
apróbase por unanimidade en Muros o Regulamento do uso do galego, PROPOSTO
DAQUELA POR PSOE E PP QUE GOBERNABAN O CONCELLO.
O
xoves pasado entregamos por rexistro de entrada unha proposta para que o
actual goberno municipal (PSOE) destitúa ao actual asesor xurídico por:
•
Estar este asesor dende o 31 de
xullo de 2012 cobrando máis de 2500 € /mes sen contar con ningún tipo de
contrato asinado.
•
A súa pésima representación do
concello. Como exemplo desta representación
reproducimos aquí textualmente o punto terceiro da sentenza contra o concello
de Muros, na que un xuiz lle dá a razón a María Xosé Alfonso declarando nula a
súa expulsión do pleno no que se aprobaron as retribucións do equipo de
goberno:
“TERCERO: Aunque
en la fecha de interposición de este recurso no había entrado en vigor la
reforma que impone las cosas por vencimiento, en este caso se le van a imponer
en su totalidad (con gastos de los testigos incluídos) a la parte vencida, dado
el reprochable comportamiento que su letrado ha observado durante todo el
procedimiento, con continuos y gratuitos recursos (todos rechazados), tachas
indebidas, interrupciones, manifestaciones y otras trabas por las que hubo de
ser numerosas veces advertido por este juzgador, aunque sin llegar al resultado
que en este recuso se fiscaliza. Así las cosas, está justificada la condena en
las costas de este procedimiento a la entidad local demandada, por su temeridad
y mala fe.”
•
E polo reiterado incumprimento
do Regulamento do uso do Galego. FORZANDO EN VARIAS OCASIÓNS A DISTINTAS PERSOAS A QUE FALARAN EN
CASTELÁN (AÍNDA ENTENDENDO ESTE SEÑOR PERFECTAMENTE O GALEGO), representando ao
concello en procesos xudiciais en castelán e elaborando distintos informes e
documentos para o concello en castelán.
A nosa proposta
contén os seguintes acordos:
1º Que a alcaldesa e o grupo de goberno rescindan
de maneira inmediata todo tipo de relación contractual ou laboral entre o
actual asesor xurídico e o concello de Muros.
2º Cumprir e facer cumprir, de xeito inmediato, o
“Regulamento municipal de uso do galego” en todo o seu articulado.
3º Tomar as medidas necesarias para que todo o
persoal ou empresas ao seu servizo coñeza e observe ese regulamento.
Como
resposta a esta nosa proposta, a alcaldesa de Muros incluiu na orde do día do
pleno que se vai celebrar este xoves 25 de abril a seguinte proposta
conxunta dos grupos municipais do PSOE e do PP:
“O Concello de
Muros mantén a súa defensa de que o galego é a lingua propia de Galicia , sen
carácter preferente e sen exclusión do castelán, como sostén unha recente
sentencia do T.C. referida a Cataluña, e
que a administración local garantirá o
uso normal do galego e do castelán para que ninguén sexa discriminado por esa
razón , xa sexa galego ou castelán, os dous idiomas oficiais, coa observación
de que nos comprometemos a garantir os testos escritos en galego, e rexeitando que ninguén, como pretenden 3
concelleiros , poida atentar contra o
dereito inalienable dunha persoa a expresarse na lingua que sinte coma propia,
na que expresa os seus sentimentos, as súas inquedanzas, un dos aspectos profundos do seu ser,tanto sexa galego coma
castelán.”
O que significa:
1º) Que o PSOE e
o PP de Muros se retractan na súa proposta de 2001 aprobada por unanimidade e
na que claramente apostaban polo fomento do uso do galego.
2º) Que no
concello de Muros, se un colega da alcaldesa incumpre “PORQUE SI” unha
normativa municipal, en lugar de corrixir ao colega, corríxese a normativa. E o
“proque si” decímolo porque está sobradamente demostrado que o asesor entende
perfectamente o galego e o concello conta cunha normalizadora lingüística que
estamos seguros traduciría encantada os informes e documentos do asesor ao
galego.
ALA!.... EN MUROS, AS ORDENANZAS E REGULAMENTOS TEÑEN QUE
ADAPTARSE AO ASESOR XURÍDICO, NON ESTE ÁS ORDENANZAS E REGULAMENTOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario