Dende Compromiso defendemos a necesidade dunhas instalación deportivas cuns mínimos para un correcto desenvolvemento das distintas actividades que tan importantes son tanto para saúde como para o benestar dos veciños e veciñas.
Intamamos por tanto ao Concello de Outes a que elabore un un plan de mantemento, remodelación e mellora dos pavillóns deportivos así como de outros espazos de uso deportivo. Entre eles varias pistas polideportivas en distintas parroquias que están en completo abandono.
Compromiso Por Galicia levará a pleno a creación dun paso de peóns no Freixo concretamente no lugar de Siavo, xa que consideramos que hai unha distancia de uns tres quilómetros entre os dous pasos de peóns existentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario