Así o considera Manolo Seijas, que logo de ter presentado
dúas mocións por rexistro de entrada, ambas en positivo e con afán de facer
propostas para Noia.
Pese a que as mocións non se levaron a pleno, cousa que
critican dende Compromiso xa que o consideran un ataque contra a
democracia participativa e rebaixa a calidade desta, pois o Pleno é o lugar onde
se teñen que debater os asuntos da vila. Manolo Seijas fixo as preguntas e as
propostas ao final da sesión plenaria. Rafael Garcia Guerrero aceptou ámbalas
dúas propostas e comentou que se traballaría para a construción de dúas
rotondas na AC-550 tal como propoñíamos
dende Compromiso Por Galicia e que traballarían para aumentar a transparencia
dentro do Concello.
Ademais Manolo Seijas preguntou polo estado da páxina web do
Concello con dominio www.noia.es que está en completo desuso e que necesita
unha remodelación, Guerro tamén respostou dicindo que se acababa de aprobar
unha partida orzamentaria que permitiría a posta en marcha de dita páxina web.
Dende Compromiso Por Galicia esperan que non se falte a
palabra por parte do Rexedor e instan ao Partido Popular a que fagan unha
oposición seria e responsable.
Ademais queren mostrar todo apoio aos preferentistas, pese a
que algunhas verbas estaba fóra de lugar e ton, froito da indignación, comparten
totalmente o problema de fondo e están a súa disposición para o que precisen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario