martes, 26 de marzo de 2013

CXG Muros-Noia critica a quita aprobada polo executivo de Mariano Rajoy




Manolo Seijas, coordinador comarcal de Compromiso Por Galicia en Muros e Noia criticou hoxe a quita que sufrirán os veciños e veciñas da comarca que sexan titulares de preferentes de Novagalicia Banco.


A quita que segundo Seijas ascenderá ao 43%, é considerada dende Compromiso Por Galicia unha das decisión máis graves tomadas nunca por un executivo en democracia. Aseguran que centos de veciños da comarca veranse afectados polo que consideran un auténtico roubo. 

                                                                  


Así mesmo Manuel González, secretario de finanzas de CXG, recorda que, “tal e como veñen amosando numerosas sentenzas xudiciais e a propia vía da arbitraxe, a maioría das preferentes e subordinadas foron comercializadas entre pequenos aforradores que non responden ao perfil de investidor”. Asegura ademais que “Estas persoas foron literalmente enganadas polos responsables das dúas caixas galegas agora nacionalizadas”.

 González culpou ao goberno español, coa complicidade e silencio de Feijoo en Galicia, que considera “absolutamente inxusta, pois é obriga dos gobernos defender os intereses dos cidadáns que neste caso foron estafados e están indefensos.” Dende Compromiso poñen como exemplo a seguir a Chipre asegurando que “mentres que finalmente os cidadáns chipriotas con depósitos menores a 100.000 € van evitar a quita nos seus aforros, os aforradores galegos van pagar os pratos rotos dun sector financeiro irresponsable e duns gobernos e reguladores que miraron para outro lado”.

Instamos ao goberno do Partido Popular na Xunta e no Estado a darlle unha solución diferente a este problema. Unha solución onde os pequenos aforradores enganados non sufran quita algunha nos seus aforros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario