A sala do contencioso administrativo nº 2 de A Coruña, con data 29 de abril do presente
ano, ditou a sentenza 94/2013 referida ao recurso presentado con data 22/06/2011 polo daquela grupo municipal do BNG contra a concesión dunha licenza a favor da empresa INNAU GRUPO INMOBILIARIO S.L. para a construción dun edificio na esquina que forman as rúas República Arxentina e Cuba no barrio noiés de San Lázaro.
A reclamación viña dada polo feito de que o Concello estaba a autorizarlle á mencionada
empresa construír un edificio con máis altura da que figura na normativa urbanística vixente en Noia. Facíao utilizando o que entendemos eran dúas argucias: unha pretendida consolidación de maior altura preexistente utilizando para o cómputo unha soa fachada cando a norma establecía que tiña que ser o conxunto da mazá, e incluíndo para elo unha edificación que superaba a vixente no momento da súa construción , fóra de ordenación, polo tanto.
É de destacar, como xa dixemos no seu día, que esa licenza foi seguramente unha das
Castro Campos, un dos denunciantes. |
causas polas que se cesou ao daquela concelleiro de urbanismo, xa que se negou a facer tal excepción con esa empresa, querendo limitarse a concederlle a altura normativa, como a todas as demais.
Naquel momento incluso se estaba a construír ao par unha edificación que respectaba a altura das normas, e nós non admitiamos discriminación algunha por moi próximo que estivera o Sr. Alcalde aos promotores.
Unha vez cesada esta parte do goberno, o Concello si concedeu a licenza ilegal, tal e como agora dita a xustiza, dándonos a razón. Xa transcorreron varios días dende esta resolución e vémonos obrigados a facela pública, xa que os culpables nada lle dixeron á cidadanía desta sentenza.
Pedímoslle ao Concello que obrigue á empresa a modificar o proxecto adaptándoo a
sentenza resolta, e, ao actual concelleiro de urbanismo que dea a cara ante os noieses, pois el foi un dos asinantes do recurso, e o mínimo que pode facer é ser consecuente cos seus actos (pois do alcalde solo esperamos novas argucias e mentiras).
Manolo Seijas recordou que Compromiso Por Galicia loitará pola transparencia política,
sen ataduras e coa verdade por diante, como demostra unha vez máis este caso. Calquera cor política que tente saltarse a lei ao seu antollo será condeada publicamente por esta organización.
No hay comentarios:
Publicar un comentario