viernes, 17 de mayo de 2013

CxG négase a aceptar a "G" do Partido Socialista Obrero Español mentras non se corrixa a actitude do goberno de Muros.


Onte no restaurante o Castelo, en Muros, Compromiso Por Galicia levou a cabo unha lectura dun manifesto en prol da Lingua Galega. Foi obra de Pere Tobaruela e Flavia Valentina ambos nacidos fóra das nosas fronteiras (un catalán e a outra urugaia) pero que adoptaron a nosa lingua como súa dende o primeiro momento.

Imaxes do acto
María Xosé Alfonso, por outra banda, criticou a actitude da alcaldesa debido a moción aprobada en conxunto co Partido Popular, pola cal se elimina o carácter preferente do galego na administración local, e a obrigatoriedade das persoas ao servizo do concello de desenvolverse en galego. Así as persoas poden non ser atendidas en galegos se os traballadores así o consideran.

Xoán Bascuas culpou a cúpula do Partido Socialista, ao cal considerou que lle sobra a "G" de Galicia, "xa que consiste nunha reproducción de Paco Vázquez en Muros". Aposta, por iso, a que CxG non recoñeza esa "G" de Galicia no Partido Socialista ata que se corrixa a grave actitude de Caridad González.

O lingüista Manuel García Sendón tachou de aldraxe contra a nosa lingua a moción aprobada, e apostou por que se volva ás orixes, que favorecían o uso do galego, e que se iniciaron, entre outros concellos, no propio Muros.

Por último Maruxa Cernadas recitou unha poesía dun mestre muradán na que recordou os afogados no Mar da ría.







No hay comentarios:

Publicar un comentario