miércoles, 15 de mayo de 2013

ACTO POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN MUROS


"Compromiso por Galicia" organizará mañá xoves 16 de maio un acto nacional reivindicativo en Muros con motivo do Día das Letras Galegas. Terá lugar ás 20 horas, no Restaurante O Castelo e levará por lema “Compromiso co galego, coa nosa lingua, nin un paso atrás”. O mesmo cobra máis importancia, se cadra, trala actitude mostrada pola alcaldesa da vila contraria á normalización lingüística, e na que o propio Secretario Xeral, Xoán Bascuas, ten instado á dirección do PSdG-PSOE a "reprobala" polo seu comportamento

Intervirán Flavia Valentina Rodríguez Torres, da Mocidade Nacionalista Galega, o escritor Pere Tobaruela, a Portavoz Municipal, María Xosé Alfonso Torres, e o Secretario Xeral de CxG, Xoán Bascuas.







No hay comentarios:

Publicar un comentario