jueves, 16 de mayo de 2013

ENTREGA DO PREMIO "COMPROMISO CO GALEGO"


Onte tivo lugar a entrega do premio "Compromiso co galego", outorgado nesta primeira edición a Manuel Lopes, un polifacético empresario da vila de Noia, co Salón de peiteado Emain como principal actividade. 

Entre os moitos logros que fixeron a Manuel merecedor deste recoñecemento, están a posta en marcha da editorial "Acha Escrava", dunha radio online (aínda que xa non operativa), a prensa e revistas en galego que se poden atopar no seu local de traballo, ou os seus propios poemas. Os catro membros do xurado o consideraron unha opción exemplar, a pesares de existir moitas outras tamén merecedoras do premio. 


Segundo o acordado, ás 20:30 realizouse a entrega no seu propio negocio, sendo Manolo Seijas, o coordinador comarcal, o encargado da entrega, acompañado doutros membros da corporativa. Como anécdota, houbo que esperar a que Manuel atendese aos seus últimos clientes, que aproveitaron para presenciar a entrega orgullosos do seu perruqueiro. As palabras de agradecemento foron mutuas, de Manuel a CxG pola iniciativa novedosa, e de CxG a Manuel pola súa honrosa maneira de defender a lingua. 

Dende Compromiso por Galicia animamos ás empresas, asociacións e institucións que aínda non o fagan, a sumarse a esta iniciativa a favor do idioma. O galardón, esperamos, manterase por moitas edicións máis, e non nos importaría para nada ter a decisión máis complicada cada ano debido ao aumento de opcións...




No hay comentarios:

Publicar un comentario