martes, 30 de abril de 2013

Compromiso Por Galicia foi a verdadeira oposición no Pleno celebrado onte en Noia


Así o considera Manolo Seijas, que logo de ter presentado dúas mocións por rexistro de entrada, ambas en positivo e con afán de facer propostas para Noia.

Pese a que as mocións non se levaron a pleno, cousa que critican dende Compromiso xa que o consideran un ataque contra a democracia participativa e rebaixa a calidade desta,  pois o Pleno é o lugar onde se teñen que debater os asuntos da vila. Manolo Seijas fixo as preguntas e as propostas ao final da sesión plenaria. Rafael Garcia Guerrero aceptou ámbalas dúas propostas e comentou que se traballaría para a construción de dúas rotondas na AC-550  tal como propoñíamos dende Compromiso Por Galicia e que traballarían para aumentar a transparencia dentro do Concello.

Ademais Manolo Seijas preguntou polo estado da páxina web do Concello con dominio www.noia.es que está en completo desuso e que necesita unha remodelación, Guerro tamén respostou dicindo que se acababa de aprobar unha partida orzamentaria que permitiría a posta en marcha de dita páxina web.
Dende Compromiso Por Galicia esperan que non se falte a palabra por parte do Rexedor e instan ao Partido Popular a que fagan unha oposición seria e responsable.

Ademais queren mostrar todo apoio aos preferentistas, pese a que algunhas verbas estaba fóra de lugar e ton, froito da indignación, comparten totalmente o problema de fondo e están a súa disposición para o que precisen.  

martes, 23 de abril de 2013

Presentará unha moción para o mantemento das instalacións deportivas e solicitará un paso de peóns en Siavo

Pavellón de Outes
Os Concelleiros de Compromiso Por Galicia en Outes;  Xosé Ramón Riomao e Xosé Manuel Ramos deron a coñecer esta mañá a moción para o mantemento e adecentamento das instalación deportivas que xestiona o Concello de Outes.

Dende Compromiso defendemos a necesidade dunhas instalación deportivas cuns mínimos para un correcto desenvolvemento das distintas actividades que tan importantes son tanto para saúde como para o benestar dos veciños e veciñas.

Intamamos por tanto ao Concello de Outes a que elabore un un plan de mantemento, remodelación e mellora dos pavillóns deportivos así como de outros espazos de uso deportivo. Entre eles varias pistas polideportivas en distintas parroquias que están en completo abandono.

Compromiso Por Galicia levará a pleno a creación dun paso de peóns no Freixo concretamente no lugar de Siavo, xa que consideramos que hai unha distancia de uns tres quilómetros entre os dous pasos de peóns existentes.


lunes, 22 de abril de 2013

O GOBERNO SOCIALISTA DE MUROS, CO APOIO DO PP, ADAPTA OS REGULAMENTOS AOS CAPRICHOS DO ASESOR


O 31 de maio de 2001 apróbase por unanimidade en Muros o Regulamento do uso do galego, PROPOSTO DAQUELA POR PSOE E PP QUE GOBERNABAN O CONCELLO.

O xoves pasado entregamos por rexistro de entrada unha proposta para que o actual goberno municipal (PSOE) destitúa ao actual asesor xurídico por:

                     Estar este asesor dende o 31 de xullo de 2012 cobrando máis de 2500 € /mes sen contar con ningún tipo de contrato asinado.
                     A súa pésima representación do concello. Como exemplo desta representación reproducimos aquí textualmente o punto terceiro da sentenza contra o concello de Muros, na que un xuiz lle dá a razón a María Xosé Alfonso declarando nula a súa expulsión do pleno no que se aprobaron as retribucións do equipo de goberno:
“TERCERO: Aunque en la fecha de interposición de este recurso no había entrado en vigor la reforma que impone las cosas por vencimiento, en este caso se le van a imponer en su totalidad (con gastos de los testigos incluídos) a la parte vencida, dado el reprochable comportamiento que su letrado ha observado durante todo el procedimiento, con continuos y gratuitos recursos (todos rechazados), tachas indebidas, interrupciones, manifestaciones y otras trabas por las que hubo de ser numerosas veces advertido por este juzgador, aunque sin llegar al resultado que en este recuso se fiscaliza. Así las cosas, está justificada la condena en las costas de este procedimiento a la entidad local demandada, por su temeridad y mala fe.

                     E polo reiterado incumprimento do Regulamento do uso do Galego.  FORZANDO EN VARIAS OCASIÓNS A DISTINTAS PERSOAS A QUE FALARAN EN CASTELÁN (AÍNDA ENTENDENDO ESTE SEÑOR PERFECTAMENTE O GALEGO), representando ao concello en procesos xudiciais en castelán e elaborando distintos informes e documentos para o concello en castelán.

A nosa proposta contén os seguintes acordos:

1º Que a alcaldesa e o grupo de goberno rescindan de maneira inmediata todo tipo de relación contractual ou laboral entre o actual asesor xurídico e o concello de Muros.

2º Cumprir e facer cumprir, de xeito inmediato, o “Regulamento municipal de uso do galego” en todo o seu articulado.

3º Tomar as medidas necesarias para que todo o persoal ou empresas ao seu servizo coñeza e observe ese regulamento.


Como resposta a esta nosa proposta, a alcaldesa de Muros incluiu na orde do día do pleno que se vai celebrar este xoves 25 de abril a seguinte proposta conxunta dos grupos municipais do PSOE e do PP:

“O Concello de Muros mantén a súa defensa de que o galego é a lingua propia de Galicia , sen carácter preferente e sen exclusión do castelán, como sostén unha recente sentencia do T.C. referida a Cataluña,  e que a administración local  garantirá o uso normal do galego e do castelán para que ninguén sexa discriminado por esa razón , xa sexa galego ou castelán, os dous idiomas oficiais, coa observación de que nos comprometemos a garantir os testos escritos en galego,  e rexeitando que ninguén, como pretenden 3 concelleiros ,  poida atentar contra o dereito inalienable dunha persoa a expresarse na lingua que sinte coma propia, na que expresa os seus sentimentos, as súas inquedanzas, un dos aspectos  profundos do seu ser,tanto sexa galego coma castelán.”

O que significa:

1º) Que o PSOE e o PP de Muros se retractan na súa proposta de 2001 aprobada por unanimidade e na que claramente apostaban polo fomento do uso do galego.

2º) Que no concello de Muros, se un colega da alcaldesa incumpre “PORQUE SI” unha normativa municipal, en lugar de corrixir ao colega, corríxese a normativa. E o “proque si” decímolo porque está sobradamente demostrado que o asesor entende perfectamente o galego e o concello conta cunha normalizadora lingüística que estamos seguros traduciría encantada os informes e documentos do asesor ao galego.


ALA!.... EN MUROS, AS ORDENANZAS E REGULAMENTOS TEÑEN QUE ADAPTARSE AO ASESOR XURÍDICO, NON ESTE ÁS ORDENANZAS E REGULAMENTOS.

jueves, 18 de abril de 2013

CXG abre o prazo para presentar candidaturas do concurso “ Comprometidos co Galego”


Comprometidos co Galego é o lema baixo o cal Compromiso Por Galicia quere premiar,  de cara ao día das Letras Galegas a aquelas empresas, asociación ou persoas físicas que promocionen e difundan o galego na actualidade.

Dende está semana estarán aberto tanto o correo electrónico compromisomurosnoia@gmail.com e as redes sociais de Twitter e de Facebook para que as persoas que o desexen poidan presentar os entes candidatos ao trofeo.
O día 11 de maio reunírase un xurado de 8 persoas que gozan de gran prestixio cultural na nosa comarca que serán os encargados de avaliar as candidaturas e decidir quen é o gañador desta primeira edición.

Manolo Seijas, coordinador comarcal de CXG, asegura que este tipo rompe cos esquemas das Letras Galegas de homenaxeas a persoas que xa non están entre nos, para agraciar a todo aquel que promocione a nosa lingua na actualidade. Espera que o a especie de concurso se poida seguir levando a cabo  no futuro e convida a todas aquelas persoas que o desexen a presentar as candidaturas daquelas persoas que consideren que utilizan o galego como a lingua propia.

domingo, 14 de abril de 2013

Compromiso Por Galicia presentou este sábado dúas mocións no rexistro do Concello de Noia.


Xurxo Louro, Lola Caramés e Manolo Seijas presentaron este sábado dúas mocións no rexistro do Concello de Noia, para a súa inclusión no vindeiro pleno.

A primeira moción que presentaron foi para a regulación da AC-550 ao seu paso polo cruce da Barquiña. Manolo Seijas denunciou que se están sufrindo numerosos atrancos e que os veciños tardan unha media de cinco minutos para incorporarse a vía en dirección Orro e fano sen gozar de certa seguridade. Compromiso por tanto insta ao goberno local de Noia a que leve acabo unha actuación na zona, construíndo un instrumento regulador do tráfico de vehículos como é unha rotonda ou un semáforo.

A segunda moción trata sobre a transparencia nos concellos, Lola Caramés asegurou que nun momento no que o traballo é unha xoia para unha persoa, os concellos deben publicar con ao menos cinco días laborais para que os todos os cidadáns teñan a mesma información para poder presentarse a esas prazas. Noutro dos puntos das mocións CXG insta a que todas as contraccións que realice o concello, se soliciten tres propostas.

Ademais CXG propón que se elaboren unhas bases xerais de contratación laboral temporal e se traian a pleno para a súa aprobación, bases nas que se regulen a publicidade e os prazos, os requisitos e méritos, a constitución das comisións ou tribunais de selección e o uso e prazo de validez do listado de persoas resultante de cada proceso de selección.

(Xurxo Louro e Manolo Seijas)

lunes, 8 de abril de 2013

Compromiso Por Galicia mostra o seu apoio a Xosé Ramón Farinós.



               María Xose Alfonso críticu a acción xudicial levada a cabo polo Asesor X urídico do Concello de Muros a  Xosé Ramón Farinós, convencida que esta persoa non esta en situación de demandar a ninguén e que o veciño de Muros só se limitou a opinar sobre unha actuación cando menos criticable.

            Alfonso considera que non se encontra en situación de demandar a ninguén pois a súa propia situación no Concello é ilegal, posto que leva dende o mes de xuño do ano 2012 cobrando 2571,25€ sen contar nen tan sequera cun contrato asinado.

            María Xosé defendeu que Xosé Ramón Farinós só se limititou a expresar a súa opinión ante un claro incumprimento por parte do Asesor Xurídico do Regulamento do uso da lingua galega no Concello de Muros, ao obrigar, de xeito dictatorial, a veciños de Muros a que falarasen en castelán.

            Dende Compromiso Por Galicia, instan a Caridad González a que faga valer o regulamento,e polo tanto tome as medidas oportunas con este señor, que lonxe de resolver os problemas dos muradáns se esta convertendo nun problema para eles.

domingo, 7 de abril de 2013

Membros de CXG Muros'-Noia participaron onte nas "Xornadas de Política Municipal"





A reforma da Lei de bases de réxime local e a agrupación de concellos foron os eixos arredor dos que xiraron as ponencias decorridas este sábado nas xornadas de política municipal organizadas por Compromiso. Neste senso, a formación exixiu a retirada do anteproxecto de lei presentado polo Goberno español por "buscar a privatización dos servizos servizos" e constituír unha agresión contra "a autonomía dos concellos". 
Desde CxG defenden "o agrupamento municipal" naqueles concellos pequenos que precisen da xestión mancomunada de servizos
A nova norma, que prevé reforzar as competenciais das Deputacións provinciais en detrimento da xestión municipal en concellos pequenos foi duramente criticada por Xulia Guntín, membro da executiva de CxG. "É preciso repensar o mapa territorial" da Galiza, aseguran desde a formación galeguista mais, desde unha perspectiva diferente á defendida polos gobernos da Xunta e Madrid. Neste senso, @s edís que participaron da xornada aseguraron que urxe un outro modelo que facilite "a transparencia real e eectiva" da xestión municipal ao tempo que permita "a fiscalización" da mesma. 
Desde esta premisas, CxG defende a "agrupamento de concellos" mais matizan, non están a falar de fusión como promove a Xunta de Galiza. "Se procede" aseguraba na súa contade Twitter o líder da formación, Xoán Báscuas, apostan por desenvolver modelos de xestión conxunta que melloren a "eficiencia económica" e a "calidade dos servizos" fornecidos desde administracións municipais pequenas. Neste senso, os relatores aos que lles foi encomendada a ponencia sobre agrupamento municipal Xosé Manuel Vázquez e Iván Marrube quixeron desmentir que "os concellos pequenos non son viábeis" asegurando que "é máis eficiente a xestión de Vilar de Santos que a de Madrid". 
A xornada concluíu cun obradoiro en que se partillaron experiencias concretas a partir daquelas localidades en que a formación posúe representación na corporación municipal. Na clausura do acto, o secretario xeral de Compromiso, Xoán Báscuas quixo pór en valor a administración local "nunha época tan difícil coma esta" en que dixo os concellos son "a administración máis próxima" á cidadanía.