jueves, 8 de mayo de 2014

Xornada Política de Compromiso Por Galicia na comarca de Muros-Noia

ste domingo día 11 levaremos a cabo unha xornada política en Compromiso por 
Galicia para decirlle a xente da nosa comarca que Europa queremos e qué cousas queremos cambiar, así como seguir escoitando a opinión de todo o mundo.

Esta será a programación da xornada:
Ás 11:00 Reparto na Feira de Noia
Ás 13:30 Acto no Clube Náutico do Freixo:



Xosé Ramón Riomao (Portavoz municipal de Compromiso Por Outes)
María Xosé Alfonso Torres (Candidata de Compromiso ao Parlamento Europeo pola nosa comarca)
Xoán Bascuas (Secretario Xeral)
Paulo Carlos López ( Candidato de CxG ao Parlamento Europeo)

Ás 14:30 Xantar

Ás 17:00 Foto da comarca no Monte Tremuzo.

Ás 19:30 Acto na fábrica de SEL en Muros:


María Sambade ( Secretaria local de CxG Muros)
María Xosé Alfonso (Candidata de Compromiso ao Parlamento Europeo pola nosa comarca)
Xoan Bascuas (Secretario Xeral))
Paulo Carlos López ( Candidato de CxG ao Parlamento Europeo)

miércoles, 19 de marzo de 2014

Militantes e simpatizantes de Compromiso Por Galicia de Muros, Noia e Barbanza participarán nas primarias abertas a cidadanía para a elección do candidat@ as eleccións europeas.

Varios militantes e simpatizantes da comarca de Muros-Noia e a Barbanza  desprazáranse a Santiago de Compostela, o vindeiro venres para participar nas primarias abertas a cidadanía de Compromiso Por Galicia.  Elixirán o candidato da organización galeguista de cara as vindeiras eleccións europeas que se celebrarán o vindeiro 25 de maio, dentro da coalición técnica impulsada polo PNV na que participarán CIU e Coalición Canaria.


O coordinador comarcal  Manolo Seijas, animou a participar neste proceso electoral aberto a cidadanía. Asegurou que é un proceso democrático onde non só poden participar militantes e simpatizantes, senón que nel tamén poden participar calquera cidadán que así o desexe so é preciso inscribirse na web www.compromisoxgalicia.org ou estar presente unha hora antes da votación.


Elixirán entre catro candidatos: Teba Conde, da Agrupación Local de CxG de Teo, profesora de primaria en Laxe e membro do Consello Político Nacional de CxG; Paulo Carlos López, ex Secretario Xeral da xuventudes de CxG (Mocidade Nacionalista Galega) e membro da Executiva de CxG; o ourensán Xosé Mosquera, profesor de Dereito Constitucional da Universidade de Vigo, e tamén membro do Consello Político Nacional e cómpre destacar a participación de Pablo Penedo, coruñés, non afiliado ao partido, xa que as primarias de Compromiso están abertas á cidadanía, tanto como electores como elixíbeis.

A reducción do IBI votárase en Muros grazas a Compromiso

O xulgado do contencioso-administrativo nº4 de A Coruña acaba de ditar sentencia estimando a demanda interposta pola concelleira de Compromiso por Galicia, María Xosé Alfonso Torres, contra a alcaldesa de Muros, Caridad González, por non permitir esta que se votara, en ningún dos dous plenos ordinarios celebrados en setembro e outubro de 2013, a procedencia da inclusión dunha proposta de Compromiso por Galicia para que o IBI non subira ao 0’6 % e quedara no 0’4 % para bens urbanos e no 0’3 % para bens rústicos.279432_1879218864858_228738_o
Dende Compromiso por Galicia sinalan que a sentencia, contra a que cabe recurso de apelación, obriga á alcaldesa de Muros a levar a pleno a proposta de CxG para que sexa o pleno quen decida se se debe debatir ou non e votar esa proposta que, de saír aprobada, faría que o aumento dos recibos da contribución non fora tan brutal.
Para CxG xa é grave que dende o goberno municipal se estea mentindo á xente Muros dicindo que o concello non tivo nada que ver cos novos valores catastrais (cando estes foron posibles porque dende o concello se enviou á Xerencia Rexional do Catastro un informe claramente favorable a eses novos valores catastrais) e culpando exclusivamente ao goberno de Rajoy de subir o IBI ao 0’6 % (cando isto é culpa de Rajoy no ano 2013 e da alcaldesa de Muros a partir do 2014), pero moito máis grave é que o goberno municipal de Muros non teña reparo en incumprir a lei para poñerse o soldo que lle sae da gana (motivo polo que acumula dúas sentencias na súa contra) ou aumentar os ingresos do concello a conta do maltratado peto dos muradáns e muradás. Dende a formación galeguista pregúntanse, en mans de quen estamos.
Asimesmo, dende a formación galeguista CxG, sinalan que o feito de que esta sexa xa a terceira sentencia contra a alcaldesa por abuso de poder é significativo e demostra a actitude ditatorial da alcaldesa ao impedir que sexa toda a corporación en sesión plenaria quen tome certas decisións que lle corresponden por lei ao pleno.
Finalmente, dende CxG queren volver recordar a toda a cidadanía muradá que, tal e como xa anunciaron no seu momento, non se van quedar de brazos cruzados cando se produza un feito como este que perxudica gravemente a maltreita economía de miles de familias muradás e os seus dereitos, e se para corrixilo non lle queda outra que acudir á xustiza faranno as veces que sexa preciso.

lunes, 17 de marzo de 2014

A alcaldesa de Muros terá que levar a pleno por sentenza xudicial a proposta de CxG de reducir a IBI

279432_1879218864858_228738_o

O xulgado do contencioso-administrativo nº4 de A Coruña acaba de ditar sentencia estimando a demanda interposta pola concelleira de Compromiso por Galicia, María Xosé Alfonso Torres, contra a alcaldesa de Muros, Caridad González, por non permitir esta que se votara, en ningún dos dous plenos ordinarios celebrados en setembro e outubro de 2013, a inclusión dunha proposta de Compromiso por Galicia para que o IBI non subira ao 0’6 % e quedara no 0’4 % para bens urbanos e no 0’3 % para bens rústicos.


A resolución da sentenza obriga á alcaldesa de Muros a levar a pleno a proposta de CxG para que sexa este quen decida se se debe votar ou non. Se ben é certo, que aínda cabe recurso de apelación por parte da alcaldesa socialista.


Para CxG xa é grave que dende o goberno municipal se estea mentindo á xente Muros dicindo que o concello non tivo nada que ver cos novos valores catastrais (cando estes foron posibles porque dende o concello se enviou á Xerencia Rexional do Catastro un informe claramente favorable a eses novos valores catastrais) e culpando exclusivamente ao goberno de Rajoy de subir o IBI ao 0’6 % (cando isto é culpa de Rajoy no ano 2013 e da alcaldesa de Muros a partir do 2014). Precisamente, a proposta de CxG faría que o aumento dos recibos non fose tan notable, no caso de saír aceptada.


Polo momento, esta é xa a terceira sentencia contra a alcaldesa por abuso de poder, o cal demostra a actitude ditatorial da alcaldesa ao impedir que sexa toda a corporación en sesión plenaria quen tome certas decisións que lle corresponden por lei ao pleno.


Recordamos a tódolos veciños muradás que, tal e como dixemos anteriormente, non quedaremos de brazos cruzados cando se produza un feito como este que perxudica gravemente a maltreita economía de miles de familias, aínda que a solución pase por recurrir á xustiza.

martes, 18 de febrero de 2014

Compromiso propón mancomunar o Centro de Día de Lousame para garantir a súa viabilidade.

Compromiso por Galicia presentará una moción para que se inclúa no vindeiro pleno na que pretende instar ao equipo de goberno a que asine un convenio con outros concellos da comarca co fin de mancomunar o servizo do Centro de Día.

A resolución da alcaldía número 893 pola cal se solicita a Deputación 45.000€ para afrontar os gasto que ocasiona o Centro de Día,  é o exemplo palpable de que o Concello non ten a capacidade de asumir a xestión en solitario deste servizo

O concelleiro de CxG en Lousame, Antón Ageitos asegura que “ É a única forma de garantir o servizo do centro de día en Lousame sen hipotecar ao noso concello”

Compromiso indica que un amplo porcentaxe dos actuais usuarios son residentes en Noia, polo que este sería un dos Concellos chamados a asinar o convenio de colaboración, polo cal serían responsables da xestión do centro de Lousame, asumindo a parte proporcional dos custes deste.


Dende a agrupación galeguista, indican que están a favor de manter o Centro de Día xa que son políticas de benestar social, máis entenden que é o momento de que os Concellos mancomunen servizos sociais para manter a súa viabilidade.


miércoles, 5 de febrero de 2014

Artigo do Coordinador comarcal Manolo Seijas "Apostemos polo noso para crear emprego"


Apostemos polo noso para crear emprego.

O paro, esa cousa que preocupa ao 77,7% dos españois segundo o barómetro do CIS do mes de decembro, segue a subir considerablemente na comarca de Muros-Noia dun xeito abrumador. Tentarei explicar polo miúdo a situación actual e as causas que fan posible este aumento do desemprego na nosa zona.

O concello onde se incrementou o desemprego en maior medida en termos porcentuais foi Outes, xa que no mes de xaneiro rexistrou unha subida dun 5,3 por cento. Por outra banda, Noia tamén incremento a taxa de paro de xeito moi importante, pasando de 1212 a 1245, o que suman 33 persoas desempregadas máis.

Pese a que alguén di que estamos rexistrando datos positivos a nivel macroeconómico, a situación empeora paseniño a paseniño. En realidade, preocúpanme considerablemente estes datos, pois temos que entender a situación económica da nosa comarca.nA principal fonte de ingresos é o marisqueo. Na nosa comarca da traballo a 1.800 persoas, directa e indirectamente.

É por tanto curioso que cando se esta en pleno período de extracción do marisco, setembro a marzo, o paro rexistre unha subida do un por cento na nosa comarca. Eu pregúntome, ¿ que pasará no mes de marzo cando remate a extracción de marisco? Mariscadores, traballadores da lonxa, vixiantes… quedarán sen posto de traballo debido a estacionalidade da producción.
Son tempos de pensar en futuro, din que a necesidade agudiza o enxeño: pois toca innovar e impulsar unha comarca capaz de crear emprego.

Por que non poñemos en marcha os nosos sectores productivos? Poñamos a traballar a nosa principal fonte de riqueza, o mar. Por que non somos capaces de crear un tecido productivo na nosa comarca? Por que non somos capaces de optimizar os nosos recursos e conseguir crear emprego deste xeito? Criemos aquí , extraíamos aquí, transformemos aquí e vendamos dende a nosa comarca. Temos o producto, promocionemos a nosa denominación de orixe.

Outro dos sectores importantes na nosa comarca é o turismo, así que apostemos logo polo turismo rural, xa que para elo só temos que poñer en valor o noso patrimonio e promocionalo alá onde sexa preciso.
Apostemos tamén por un turismo de sol e praia sostible, ofrezamoslle aos turistas as mellores instalacións posibels nas praias, coidemos os nosos xardins…

Só así poñendo en valor o noso, o que temos, o que hai que soster, seremos capaces de conseguir dunha vez por todas crear emprego nos nosos concellos. É fácil dicilo, pero moi difícil facelo, sobre todo se na clase política falta COMPROMISO.

lunes, 3 de febrero de 2014

Compromiso insta ao equipo de goberno de Lousame a que as contratacións sexan con publicidade.

 Compromiso Por Galicia cree que é importante que nos tempos que corren o emprego que poida xerarse dende as administración debe estar en pé de igualdade para todo o mundo.

O concelleiro de CxG; Antón Ageitos comentou que na obra que se vai facer “Camiño Confurco-Ces” a contratación licitouse sen publicidade, práctica moi común neste tipo de contratos. O  convidan a tres empresas a participar no concurso e de esas tres elixen a que mellor oferta fai.

Este tipo de contratacións non permiten que outras empresas teñan a posibilidade de presentar a súa propia oferta. Ageitos insiste en que “ se trata de algo totalmente legal, pero que permite que se leven a cabo dedazos de xeito indirecto” Comenta que “ das tres empresas que se convidaron a participar só dúas presentaron o proxecto”


Dende Compromiso róganlle a alcaldesa que se presume ante a opinión pública de transparencia política que empece a erradicar este tipo de contratos.