CxG eleva aos tribunais a subida do IBI en Muros
Os
concelleiros de Compromiso Por Galicia en Muros veñen de presentar
unha demanda contra a alcaldesa do pobo, xa que consideran un claro
abuso de poder a actuación da rexedora no tratamento da subida do
IBI.
A
problemática remóntase á aprobación da nova ponencia de valores
co visto bo do goberno municipal, que supón que suban de maneira
desmesurada a maior parte dos valores catastrais.
Ademais
deste aumento de valores o
goberno “socialista” liderado por Caridad González aproba en
pleno , tendo que facer uso do voto de 0 da alcaldesa pola ausencia
dunha concelleira do PP, a suba do IBI ao 0'6 % para bens tanto
urbanos como rústicos (antes estaba en 0'4 % para os urbanos e en
0'3 % para os rústicos).
Esta
subida do IBI, xunto coa revisión catastral fan que os recibos da
contribución suban brutalmente, chegando algúns a cuadriplicarse e
incluso quintuplicarse. Ante
tal atraco para os petos dos veciños de Muros , CxG presenta ata en
tres ocasións unha proposta para ser debatida e votada en sesión
plenaria para que o IBI quede como estaba (no 0'4 % e 0'3 %).
A
primeira vez realízase por urxencia no pleno do 26 de setembro de
2013 e A ALCALDESA NÉGASE A DEIXAR VOTAR A URXENCIA, INCUMPRINDO
ASÍ O ARTIGO 91.4 DO ROF.
Ante esta negativa, CxG presenta esta mesma proposta por rexistro de
entrada e acompañada dun escrito dirixido á alcaldía para que sexa
incluída na sesión plenaria do mes de outubro. Debido a que a
alcaldesa non inclúe a proposta na orde do día da sesión plenaria
do 30 de outubro, nesta mesma sesión CxG volve a presentar
por urxencia a
proposta e A ALCALDESA
VOLVE A INCUMPRIR O ARTIGO 91.4 DO ROF VOLVENDO A IMPEDIR A VOTACIÓN
DA URXENCIA
Estimamos
dende Compromiso Por Galicia un claro abuso de poder que
vulnera
os dereitos fundamentais dos concelleiros de CxG e , sobre
todo, IMPIDE QUE SE DEBATA E VOTE EN PLENO UN TEMA DE ESPECIAL
INTERÉS PARA A CIDADANÍA MURADÁ, algo que CxG non vai consentir e
para evitalo vese na obriga de acudir á xustiza. Por iso, o pasado
día 8 de xaneiro formalizou unha demanda no xulgado do
contencioso-administrativo nº 4 de A Coruña solicitando o seguinte:
a)
Que anule o acto da alcaldesa polo que esta impediu a xustificación
e votación da inclusión por urxencia da proposta de CxG para deixar
o IBI como estaba antes da suba
b)
Que requira ao concello de Muros que proceda a convocar novamente o
Pleno a fin de tramitar a citada proposta conforme establece o artigo
91.4 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades
Locais.
Esta
actitude non é nova por parte da alcaldesa, dende Compromiso Por
Galicia recorda que
no pleno do 21 de marzo de 2013 a alcaldesa impediu o debate sobre
a proposta de CxG para que de gravaran os plenos, ou
no pleno do 7 de xullo de 2011 onde expulsou de maneira ilegal á
concelleira María Xosé Alfonso para aprobar o seu soldo, e polo
que
o concello xa acumula dúas sentencias en contra, unha do
contencioso-administrativo nº 3 de A Coruña e outra firme do
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
A
razón destes reiterados comportamentos non é outra que evitar que o
conxunto plenario poida expresar libremente a súa posición en
diferentes cuestións debido a estar o goberno municipal en minoría
con 6 concelleiros (dun total de 13), Isto constitúe ademais dunha
vulneración do dereito fundamental á participación política dos
concelleiros elixidos democraticamente pola cidadanía, un ataque
aos máis elementais principios da nosa democracia.