jueves, 10 de octubre de 2013

solicita que se alegue indirectamente contra a ponencia de valores catastrais en Muros

Compromiso Por Galicia solicita que se alegue indirectamente contra a ponencia de valores catastrais en Muros

Membros de Compromiso na localidade de Muros están a recoller sinaturas para solicitarlle ao pleno de Muros que adopte un acordo no vindeiro pleno municipal: Que o Concello de Muros alegue contra a ponencia de valores catastrais, que consideran que non se adaptan as necesidades deste concello.

Solicitan que as revisións deben facerse de acordo a valoración unitaria dos inmobles, á súa calidade homoxénea, a antigüidade, ao aumento inxustificado dos valores xa que non corresponde cun mercado que se encontra en continúo descenso según recolle o INE en torno a un 25%.


María Xosé Alfonso afirma que xa hai varios exemplos neste sentido, como son as do Tribunal de Xustiza de Andalucía do 03. 03 do 2003 entre outras.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario