lunes, 21 de octubre de 2013

Compromiso Por Galicia solicitará que os Concellos asuman o copago farmacéutico en efermidades crónicas e de tratamento do cancro

Compromiso Por Galicia pedirá que os Concellos asuman o copago farmacéutico en enfermidades crónicas e de tratamento do cancro.

Manolo Seijas ven de informar que Compromiso Por Galicia presentará ao longo desta semana nos concellos de Muros, Outes, Noia e Lousame unha moción para que sexan os Concellos os que asuman a responsabilidade de garantir que ningún enfermo crónico ou de cancro teña que asumir o 10% do seu tratamentos.
Seijas asegurou que non é unha medida que lle deba corresponder aos Concellos, mais apunta que “ hai que solucionar este problema de irresponsabilidade da Xunta de Galicia a instancia do executivo de Mariano Rajoy”

Dende Compromiso Por Galicia pedirán que se dote dunha partida económica de emerxencia para que se asuman os custes dos tratamentos de enfermidades crónicas e de cancro. Seijas asegura tamén que non é unha cuestión ideolóxica senón de sensibilidade, xa que sempre lle toca aos máis débiles pagar os efectos da crise.
Ademais instou aos alcaldes a reflexionar sobre a situación e que se poñan na pel dun enfermo con baixa médica, que pensen na prestación económica da que dispoñen, nos seus gastos mensuais e que agora se encontren con que teñen que pagar un 10% do seu tratamento.
Seijas convidou a todos os rexedores a que debatan no pleno e se sumen a esta iniciativa, e asegurou que se a algún alcalde ou alcaldesa se lle ocorre pasar por alto esta proposta estará dándolle a espalda aos seus veciños e veciñas que sofren este tipo de enfermidades, se pensan que non é precisa esta dotación de urxencia é que viven moi lonxe da realidade social.
A moción recolle un segundo acordo para que a Xunta de Galicia se sume ao resto de comunidades autónomas (Asturias, Aragón, Comunidade Valenciana e Extremadura uníronse ao País Vasco, Castela-León, Canarias e Andalucía) que dixeron non a este copago farmacéutico.



No hay comentarios:

Publicar un comentario