domingo, 27 de octubre de 2013

CxG aplaude a decisión de que o Concello de Noia estudará asumir o copago farmacéutico

Compromiso Por Galicia aplaude a decisión do alcalde de Noia de estudar a posibilidade de afrontar o 10% do pago farmáceutico.

Manolo Seijas aproveitou a rolda de rogos e preguntas para solicitar ao equipo de goberno local que asuma o copago do 10% dos medicamentos para o tratamento de enfermidades crónicas e de cancro.

Seijas asegurou que se trata dunha irresponsabilidade da Xunta de Galicia, pero que as administracións entre elas, os concellos, deben garantir unha sanidade publica e de calidade. Seijas criticou ao grupo de goberno por non ter inclúido na orde do día unha moción de tal calado que afecta a veciños e veciñas de Noia.

O rexidor explicou que estudarán a posibilidade de asumir ese copago farmáceutico e que buscarán, como en moitos concellos de Galicia a posibilidade de legal de crear unha partida económica para esta cuestión, 

O portavoz de CxG preguntou a todos os grupos políticos que opinión lle merecia que os concellos subsanaran esta irresponsabilidade da Xunta de Galicia. Só o BNG constestou a esta cuestión afirmando que esa cuestión non era de índole local e que se tiña que realizar ao executivo de Nuñez Feijoo.

Dende CxG mostraron certo asombro ante esta contestación, xa que o segundo acordo da moción era instar a Xunta de Galicia a que asumise o copago farmáceutico e que a proposta dos galeguistas é para que os concellos creen un fondo económico de emerxencia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario