Compromiso Por Galicia solicita cando menos un aprazamento da Festa do Marisco de Outes ate que se reactive a campaña marisqueira.
Xosé Ramón Riomao e Xosé
Manuel Ramos presentaron esta mañá no rexistro do Concello de Outes un escrito
solicitando o aprazamento da Festa do Marisco ate que a toxina, que ten en vela
a 1.800 persoas, desapareza por completo
e se reactive a campaña marisqueira na Ría de Muros e Noia
Os concelleiros de CxG
non entenden a falta de sensibilidade do rexedor outiense ao levar a cabo a
festa do marisco este domingo. Consideran que “non é momento de festexar
absolutamente nada” e que “ temos 1.800 familias que levan 15 días a espera que se volva a mariscar e ganarse un
soldo”.
Xosé Ramón Riomao incidiu
en que o obxectivo desta festa debe ser a exaltación do marisco da nosa Ría, é
que non ten sentido que se leve a cabo este festexo se todos os polígonos
galegos están cerrados.
CxG propón un aprazamento
para que a materia prima que se ofrece aos visitantes sexa propia da nosa Ría,
e polo tanto que se adquira na lonxa do Freixo o que repercutiría no sector
marisqueiro.
Tamén solicitaron que se cambie o enfoque da festa, creando unhas xornadas nas que se den a coñecer as tarefas do mundo do
marisqueo, nas que se fagan partícipes do evento os restauradores de Outes, as
Confrarias de Pescadores de Noia e de Muros, e a calquer outra persoa ou
entidade que contribúa a posta en valor dos productos da nosa ría e da
actividade mariscadora.
Ademais insisten en que o marisco non pode vir de fóra xa que hai que dar a coñecer e por en valor o noso marisco, e para elo é imprescindible mercalo nas lonxas da Ría de Muros e Noia e non nas de outros concellos de Galicia ou do MUNDO.
Aproveitaron esta visita ao Concello de Outes para rexistrar a moción de copagamento dos tratamentos para enfermos crónicos e de cancro, co fin de que o Concello de Outes asuma ese 10% do custe total.
No hay comentarios:
Publicar un comentario