domingo, 13 de octubre de 2013

esixe responsabilidades a Xunta de Galicia por non ter realizado un control da calidade das augas na Ría de Muros e Noia antes do inicio da campaña marisqueira

Compromiso Por Galicia esixe responsabilidades a Xunta de Galicia por non ter realizado un control da calidade das augas na Ría de Muros e Noia antes do inicio da campaña marisqueira


Manolo Seijas asegurou, logo de ter feito unha análise en profundidade dos recentes acontecementos que “A Xunta de Galicia é a única responsable desta situación xa que o Intecmar debería ter realizado un control das augas mariñas antes de abrir a campaña marisqueira e logo realizar un control diario”

CxG esixe responsabilidades a Xunta de Galicia xa que ten o deber de asumir os custes desta mala xestión do Intecmar . Segundo o Patrón Maior nunha entrevista radiofónica estima entre 200.000 e 300.000 euros.
Compromiso tamén anima as diferentes Cofradías de Pescadores a que se sume a pedirlle responsabilidades ao executivo de Nuñez Feijoo polo nefasta xestión da na análise da calidade das augas e a falta de axilidade nas publicacións das prohibicións de extracción dos moluscos afectados.

A agrupación galeguista sostén que a Xunta de Galicia debe exercer un control exahustivo das augas das nosas rías para poder ofrecer un producto óptimo para o consumo.

Manolo Seijas asegurou ademais“ trátase dun verdadeiro batacazo para a economía da nosa comarca xa que arredor de 2000 familias vivos da extracción de molusco, tanto berberecho como mexillón e esta situación de paro afectará indirectamente a moitas outras familias. Polo que dende Compromiso Por Galicia esperamos que esta marea vermella non perdure no tempo”


No hay comentarios:

Publicar un comentario