Compromiso
Por Galicia aplaude a decisión do alcalde de Noia de estudar a
posibilidade de afrontar o 10% do pago farmáceutico.
Manolo Seijas aproveitou a rolda de
rogos e preguntas para solicitar ao equipo de goberno local que asuma o copago do 10% dos medicamentos para o tratamento
de enfermidades crónicas e de cancro.
Seijas asegurou que se trata dunha
irresponsabilidade da Xunta de Galicia, pero que as administracións entre elas, os concellos, deben garantir unha sanidade publica e de
calidade. Seijas criticou ao grupo de goberno por non ter inclúido
na orde do día unha moción de tal calado que afecta a
veciños e veciñas de Noia.
O rexidor explicou que estudarán
a posibilidade de asumir ese copago farmáceutico e que
buscarán, como en moitos concellos de Galicia a posibilidade
de legal de crear unha partida económica para esta cuestión,
O portavoz de CxG preguntou a todos os
grupos políticos que opinión lle merecia que os concellos subsanaran esta irresponsabilidade da Xunta de Galicia. Só
o BNG constestou a esta cuestión afirmando que esa cuestión
non era de índole local e que se tiña que realizar ao
executivo de Nuñez Feijoo.
Dende CxG mostraron certo asombro ante
esta contestación, xa que o segundo acordo da moción
era instar a Xunta de Galicia a que asumise o copago farmáceutico
e que a proposta dos galeguistas é para que os concellos creen un
fondo económico de emerxencia.