Varios
militantes e simpatizantes da comarca de Muros-Noia e a Barbanza desprazáranse a Santiago de Compostela, o
vindeiro venres para participar nas primarias abertas a cidadanía de Compromiso
Por Galicia. Elixirán o candidato da
organización galeguista de cara as vindeiras eleccións europeas que se
celebrarán o vindeiro 25 de maio, dentro da coalición técnica impulsada polo
PNV na que participarán CIU e Coalición Canaria.
O coordinador
comarcal Manolo Seijas, animou a
participar neste proceso electoral aberto a cidadanía. Asegurou que é un
proceso democrático onde non só poden participar militantes e simpatizantes,
senón que nel tamén poden participar calquera cidadán que así o desexe so é
preciso inscribirse na web www.compromisoxgalicia.org ou estar presente unha
hora antes da votación.
Elixirán entre catro candidatos: Teba Conde, da Agrupación Local de
CxG de Teo, profesora de primaria en Laxe e membro do Consello Político
Nacional de CxG; Paulo Carlos López, ex Secretario Xeral da xuventudes de CxG
(Mocidade Nacionalista Galega) e membro da Executiva de CxG; o ourensán Xosé
Mosquera, profesor de Dereito Constitucional da Universidade de Vigo, e tamén
membro do Consello Político Nacional e cómpre destacar a participación de Pablo
Penedo, coruñés, non afiliado ao partido, xa que as primarias de Compromiso
están abertas á cidadanía, tanto como electores como elixíbeis.