martes, 18 de febrero de 2014

Compromiso propón mancomunar o Centro de Día de Lousame para garantir a súa viabilidade.

Compromiso por Galicia presentará una moción para que se inclúa no vindeiro pleno na que pretende instar ao equipo de goberno a que asine un convenio con outros concellos da comarca co fin de mancomunar o servizo do Centro de Día.

A resolución da alcaldía número 893 pola cal se solicita a Deputación 45.000€ para afrontar os gasto que ocasiona o Centro de Día,  é o exemplo palpable de que o Concello non ten a capacidade de asumir a xestión en solitario deste servizo

O concelleiro de CxG en Lousame, Antón Ageitos asegura que “ É a única forma de garantir o servizo do centro de día en Lousame sen hipotecar ao noso concello”

Compromiso indica que un amplo porcentaxe dos actuais usuarios son residentes en Noia, polo que este sería un dos Concellos chamados a asinar o convenio de colaboración, polo cal serían responsables da xestión do centro de Lousame, asumindo a parte proporcional dos custes deste.


Dende a agrupación galeguista, indican que están a favor de manter o Centro de Día xa que son políticas de benestar social, máis entenden que é o momento de que os Concellos mancomunen servizos sociais para manter a súa viabilidade.


miércoles, 5 de febrero de 2014

Artigo do Coordinador comarcal Manolo Seijas "Apostemos polo noso para crear emprego"


Apostemos polo noso para crear emprego.

O paro, esa cousa que preocupa ao 77,7% dos españois segundo o barómetro do CIS do mes de decembro, segue a subir considerablemente na comarca de Muros-Noia dun xeito abrumador. Tentarei explicar polo miúdo a situación actual e as causas que fan posible este aumento do desemprego na nosa zona.

O concello onde se incrementou o desemprego en maior medida en termos porcentuais foi Outes, xa que no mes de xaneiro rexistrou unha subida dun 5,3 por cento. Por outra banda, Noia tamén incremento a taxa de paro de xeito moi importante, pasando de 1212 a 1245, o que suman 33 persoas desempregadas máis.

Pese a que alguén di que estamos rexistrando datos positivos a nivel macroeconómico, a situación empeora paseniño a paseniño. En realidade, preocúpanme considerablemente estes datos, pois temos que entender a situación económica da nosa comarca.nA principal fonte de ingresos é o marisqueo. Na nosa comarca da traballo a 1.800 persoas, directa e indirectamente.

É por tanto curioso que cando se esta en pleno período de extracción do marisco, setembro a marzo, o paro rexistre unha subida do un por cento na nosa comarca. Eu pregúntome, ¿ que pasará no mes de marzo cando remate a extracción de marisco? Mariscadores, traballadores da lonxa, vixiantes… quedarán sen posto de traballo debido a estacionalidade da producción.
Son tempos de pensar en futuro, din que a necesidade agudiza o enxeño: pois toca innovar e impulsar unha comarca capaz de crear emprego.

Por que non poñemos en marcha os nosos sectores productivos? Poñamos a traballar a nosa principal fonte de riqueza, o mar. Por que non somos capaces de crear un tecido productivo na nosa comarca? Por que non somos capaces de optimizar os nosos recursos e conseguir crear emprego deste xeito? Criemos aquí , extraíamos aquí, transformemos aquí e vendamos dende a nosa comarca. Temos o producto, promocionemos a nosa denominación de orixe.

Outro dos sectores importantes na nosa comarca é o turismo, así que apostemos logo polo turismo rural, xa que para elo só temos que poñer en valor o noso patrimonio e promocionalo alá onde sexa preciso.
Apostemos tamén por un turismo de sol e praia sostible, ofrezamoslle aos turistas as mellores instalacións posibels nas praias, coidemos os nosos xardins…

Só así poñendo en valor o noso, o que temos, o que hai que soster, seremos capaces de conseguir dunha vez por todas crear emprego nos nosos concellos. É fácil dicilo, pero moi difícil facelo, sobre todo se na clase política falta COMPROMISO.

lunes, 3 de febrero de 2014

Compromiso insta ao equipo de goberno de Lousame a que as contratacións sexan con publicidade.

 Compromiso Por Galicia cree que é importante que nos tempos que corren o emprego que poida xerarse dende as administración debe estar en pé de igualdade para todo o mundo.

O concelleiro de CxG; Antón Ageitos comentou que na obra que se vai facer “Camiño Confurco-Ces” a contratación licitouse sen publicidade, práctica moi común neste tipo de contratos. O  convidan a tres empresas a participar no concurso e de esas tres elixen a que mellor oferta fai.

Este tipo de contratacións non permiten que outras empresas teñan a posibilidade de presentar a súa propia oferta. Ageitos insiste en que “ se trata de algo totalmente legal, pero que permite que se leven a cabo dedazos de xeito indirecto” Comenta que “ das tres empresas que se convidaron a participar só dúas presentaron o proxecto”


Dende Compromiso róganlle a alcaldesa que se presume ante a opinión pública de transparencia política que empece a erradicar este tipo de contratos.