Compromiso Por Galicia presentou hoxe a campaña " Este nadal comprométete co comercio local", que ten como obxectivo promocionar o comercio local da comarca de Muros-Noia na época de nadal.
O coordinador comarcal Manolo Seijas, animou a todos os veciños e veciñas a que fagan as súas compras do nadal nos comercios locais, xa que se trata dunha inversión nos propios concellos. Recordou que son eles quen fan o esforzo de soster económicamente moitos proxectos, como clubes deportivos, asociacións, actos culturais.. e que polo tanto cómpre realizar as compras de nadal no prqueno comercio da vila.
A promoción consta dun cartel que se difundirá polas redes sociais e dun reparto de impresos pola veciñanza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario