Medio centenar de persoas
asinaron este sábado en Noia para que todo relativo ao seu pasamento sexa
integramente en lingua galega.
CxG celebrou o
pasado sábado no claustro do Concello de Noia un acto co obxectivo de
promocionar a lingua galega nos actos fúnebres, nel interviron María Xosé
Alfonso, Xoaquín Monteagudo e Xoán Bascuas.
No acto,
Compromiso defendeu a necesidade de que se recorde aos galegos e galegas na lingua
na que viviron, en galego. Segundo Xoan Bascuas é a “súa seña de identidade”.
María Xosé
Alfonso indicou que Compromiso Por Galicia estase poñendo en contacto con
distintas empresas funerarias do país para que estimen a posibilidade de
ofrecer os seus servizos e en galego.
Xoaquín
Monteagudo explicou a labor que están a desenvolver dende a Asociación de
Funcionarios pola Normalización Lingüística, e apostou por seguir medrando en
galego como sociedade. Ademais trasladou os distintos avances que se están a
levar a cabo baixo o lema “Galeguizar Galicia” e resaltou o éxito que os
produtos etiquetados en galego están a ter a nivel mundial. Indicou que se debe
ter un compromiso real coa lingua galega para que esta permaneza na memoria
lingüística do país.
Ao finalizar o
acto medio cento de persoas asinaron unha acta de vontades para que chegado o
seu pasamento todo o relativo ao funeral e enterro se realice exclusivamente en
Galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario