Dende Compromiso por Galicia Muros-Noia vimos de presentar unha petición a Concellería de Urbanismo co fin de aumentar a transparencia no PXOM. Os puntos que presentamos son os seguintes:
1. Ampliación do período de alegacións ate o mes de novembro, xa que o actual período de alegacións produciuse ao mesmo tempo que as vacacións do verán.
2. Levar a cabo unha serie de charlas polas distintas parroquias do Concello, co fin de explicar polo miúdo como e cando se vai impulsar o desenvolvemento das áreas de compensación.
3. Envio de información aos domicilios no que se dé conta dos prazos previstos para as alegacións e da posta en marcha deste proxecto.
4. Explicar abertamente a veciñanza os custos que acarrean os proceso de urbanización.
5. Axilizar a resolución das alegacións, que non permanezan no esquecemento.
Dende CxG queremos un PXOM transparente e consideramos que é preciso que o Concello informe correctamente aos veciños sobre a aplicación do mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario