lunes, 30 de septiembre de 2013

Charla sobre o IBI e Contribución en Esteiro

Compromiso por Galicia organiza unha segunda charla informativa no Concello de Muros para tratar os problema do IBI e do Catastro. Logo do éxito da primeira edición en Muros, agora o turno será para a parroquia de Esteira o próximo venres ás 21:30h no Baixo do Bar Alameda. No acto intervirán, María Xosé Alfonso e Xosé Ramón Riomao.


martes, 24 de septiembre de 2013

COMPROMISO POR GALICIA DENUNCIA, DE NOVO, A NULA VIABILIDADE DO CENTRO DE DÍA DE LOUSAME

COMPROMISO POR GALICIA DENUNCIA, DE NOVO, A NULA VIABILIDADE DO CENTRO DE DÍA E O PASOTISMO DOS DISTINTOS ALCALDES POPULARES, TAMÉN A DE LOUSAME, ANTE AS DETESTABLES DECLARACIÓNS DO ALCALDE DE BARALLA

Logo do pleno celebrado a pasada semana , una vez máis, o concelleiro de CxG de Lousame veuse na obriga de preguntar á Sra. Alcaldesa do Concello de Lousame por un decreto relacionado coa  electricidade do Centro de Día. Nese decreto destinábanse 2.099 euros para a instalación
dunha rede trifásica na cociña, algo que xa debería estar  proxectado. É esta unha
mostra máis das moitas incertidumes que rodean ao centro de día lousamiano.

Ageitos solicitou en varias ocasións o estudo de viabilidade e NUNCA obtivo resposta.
Ademais, cómpre non esquecer que na actualidades só conta con cinco maiores, o que
representa a nula efectividade deste servizo no Concello de Lousame, tratándose pois dun malgasto de diñeiro público no seu mantemento, xa que os ingresos son insuficientes (tanto que polo de
agora é un servizo de catering o que se encarga do suministro de comidas).


Por outra parte, solicitamos a limpeza de varios lavadoiros, fontes e parques públicos espallados ao redor do Concello así como o arranxo de varias estradas como a que  conecta coa canteira situada en Tállara e a carretera de Silvarredonda a Ces..

Respecto á moción que a petición da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza que presentamos, en conxunto, debido as  declaracións do alcalde de Baralla, en tempo e forma para poder ser debatida neste pleno, a Sra. Alcaldesa decideu non metela na orde do día por considerala “algo non urxente”. É, como en outros tantos concellos, unha mostra de encubrimento dunha persoa e no
dunhas palabras absolutamente detestables e motivo de dimisión.

domingo, 22 de septiembre de 2013

Por un PXOM transparente

Dende Compromiso por Galicia Muros-Noia vimos de presentar unha petición a Concellería de Urbanismo co fin de aumentar a transparencia no PXOM. Os puntos que presentamos son os seguintes:

1. Ampliación do período de alegacións ate o mes de novembro, xa  que o actual período de alegacións produciuse ao mesmo tempo  que as vacacións do verán.

2. Levar a cabo unha serie de charlas polas distintas parroquias do  Concello, co fin de explicar polo miúdo como e cando se vai  impulsar o desenvolvemento das áreas de compensación.

3. Envio de información aos domicilios no que se dé conta dos prazos  previstos para as alegacións e da posta en marcha deste proxecto.

4. Explicar abertamente a veciñanza os custos que acarrean os  proceso de urbanización.

5. Axilizar a resolución das alegacións, que non permanezan no  esquecemento.

Dende CxG queremos un PXOM transparente e consideramos que é preciso que o Concello informe correctamente aos veciños sobre a aplicación do mesmo.

jueves, 19 de septiembre de 2013

Charla sobre a contribución en Muros

Este venres ás 20:30 no Restaurante “O Castelo” en Muros, Compromiso Por Galicia organiza unha charla informativa para tratar os seguintes temas:
1. Análise da subida do IBI (Contribución) en Muros no vindeiro ano.
2. Orientación sobre a solución dos problemas do catastro na localidade muradana.
María Xosé Alfonso, responsable muradana de Compromiso por Galicia, roga a maior asistencia pois considera que se trata dun tema de relevancia para os veciños do concello.


Un pacto contra o lume

Compromiso por Galicia presentou hoxe en rolda de prensa o ofrecemento ao resto das forzas do espectro galego a facer un gran pacto contra os lumes forestais e para poñer en valor o monte galego nun prazo fóra de desputas electorais, a 20 anos vista.


CxG non ten ningunha dúbida de que a culpa haxa incendios é de quen lle prende lume ao monte, pero a responsabilidade de estes incendios arrasen cada ano miles de hectáreas é de quen goberna, neste caso do PP. A pesar de ter consumido miles de millóns de euros, levamos máis de 20 anos de continuos fracasos na loita contra o lume, fracasos derivados dunha mala política forestal cunha ausencia de labores de prevención e de iniciativas que poñan en valor o noso monte e o conxunto do medio rural. E a isto aínda hai que engadir a prevalencia dos intereses partidistas por enriba dos intereses do noso monte e do noso país. Xa está ben de que cada goberno se dedique a desfacer o que fixo o anterior por que si, ou de que pasen cousas como a ausencia dos edís do PP a un pleno convocado para solicitarlle á Xunta a declaración de zona catastrófica ao Monte Pindo e que active o fondo de emerxencias para evitar riadas despois do asolador incendio que este sufriu.
IMG-20130918-WA0006
Pero en Compromiso por Galicia non nos limitamos a criticar o que fai mal o PP, queremos aportar solucións a esta situación que ademáis de destruir o noso País dá unha pésima imaxe exterior de Galicia. E é evidente que para solucionar isto non chega con incrementar as medidas represivas para os que prenden lume, como propón Feijóo, medidas ás que CxG non se opón pero que son insuficientes. E son insuficientes non porque o diga CxG, senón porque dos miles de incendios que cada ano asolan Galicia sóbrannos os dedos dunha man para contar ás persoas que acaban sendo condenadas en firme. Para Compromiso por Galicia o que se precisa para rematar con esta situación é un gran pacto para pór en valor o monte e loitar contra o lume, un pacto no que deben estar ademáis das forzas políticas do noso país outras organizacións como comunidades de montes, profesionais do sector forestal, asociacións de cazadores, organizacións agrarias, grupos ecoloxistas,, etc…..
E para que este gran pacto sexa de obrigado cumprimento independentemente de quen goberne, CxG propón que acabe nunha Lei aprobada no Parlamento Galego por consenso, e que nel se recollan medidas de calado como:
• A restructuración do terreo forestal, facilitando así a rendibilidade coa redución do número de parcelas;
• A ordenación do territorio en función do tipo de actividade (produción de madeira, pastoreo, apicultura,….);
• A modificación do enfoque das inversións e dos traballos do operativo de loita contra o lume, desestacionalizando as súas labores e implementando medidas que fagan posible nun futuro inmediato adicar máis inversión e esforzos á prevención e á vixiancia e menos á extinción.
• Profesionalizar o operativo que debe ser público, cun número estable de efectivos ao longo do ano e cun mando único para evitar descoordinación.
• Apoiar a posta en marcha de proxectos singulares que poñan en valor o monte e de medidas que permitan que se poidan pór en produción as terras agrarias abandonadas.

CxG faralle chegar a tódolos actores implicados esta proposta de gran PACTO GALEGO PARA PÓR EN VALOR O MONTE E LOITAR CONTRA OS LUMES, quedando á espera de que sexamos capaces de pór os intereses de Galicia por diante dos partidistas, e que polo ben do noso País, e para evitar a súa autodestrucción, sexamos capaces de sentarnos a unha mesa e acordar as medidas a pór en marcha nos vindeiros 20 anos para acabar con esta grave situación