Esta tarde vén de explicar en rolda de prensa as iniciativas levadas a cabo durante estes días. Na rolda de prensa tratáronse os seguintes temas, que estaban previstos para o apartado de rogos e preguntas do pleno do pasado mes de maio e que non puido ser pola suspensión da sesión plenaria.
1. Adencentamento da Praia de Testal. CxG solicitou esta mañá un adecentamento desta zona turística. Facéndose eco dunha denuncia cidadá levada a cabo a trevés das redes sociais. A proposta consta de tres puntos clave, o arranxo e recollida dos muros que se derribaron debido ao temporal invernal, o arranxo da caseta dos vixiantes que está moi deteriorada, e por último, tamén o arranxo do acceso de madeira á praia. Compromiso pide que se leve a cabo esta actuación o máis rápido posible.
2. Tamén aproveitou para cuestionarse a xestión da piscina municipal de Noia, na que dixo que se está incorrendo nunha falta de transparencia total, posto que non existe un informe de xestión da instalación nin tan sequera un plan de viabilidade do mesmo. Dende CxG instan a que se leven a cabo estas accións e tamén preguntaron ao equipo de goberno quen é a persoa que se está a encargar dos trámites da Piscina Municipal xa que temen que poida haber intereses persoais na citada xestión.
3. Outro documento que presentou no rexistro foi un rogo ao Concello de Noia, no cal o instan a que cesen as obras do aparcadoiro da Rúa Xuíz Falcone e os veciños coñezan as características deste. Creen que se esta levando a cabo unha auténtica aberración, posto que se inhabilitou o tráfico e se levantou a rúa sen tan sequera ter constancia dun proxecto que asegure a viabilidade do mesmo.
4. No último punto, CxG tamén insta ao goberno de Noia a que faga cumprir a sentenza do Contencioso Administrativo nº2 da Coruña e se obrigue a INNAU GRUPO INMOBILIARIO S.L a que se axuste a legalidade e que modifique por tanto o proxecto, para que teña as mesmas características que os demais empresas que construíron nesa zona, sen que exista unha verdadeira igualdade para todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario