jueves, 26 de diciembre de 2013

Como aforrar no recibo da luz?

Este sábado ás 17:00 no Restaurante O´Castelo en Muros charla sobre como aforrar no recibo da luz.


Ante as continuas subidas no prezo da luz que dana as economías da maioría de consumidoras e consumidores resulta necesario buscar fórmulas de abaratar o recibo. Por iso CxG está promovendo unha campaña para entender esta factura e así poder aforrar neste eido.

No acto realizaremos un desglose dos diferentes conceptos que forman unha factura eléctrica así como tamén abordaremos diversas pautas para aforrar en consumo enerxético. Contaremos con Serxio Sendón, asesor enerxético que tratará de responder ás dúbidas que se prantexen sobre os casos particulares.

No acto tamén intervirán a portavoz municipal de Compromiso por Galicia; María Xosé Alfonso e o Secretario Xeral de CxG; Xoán Bascuas.




viernes, 20 de diciembre de 2013

Este domingo continúamos coa compaña a favor do comercio local.

Este domingo continuaremos na comarca coa campaña " Este Nadal comprométete co comercio local, merca no teu concello"

Realizaremos un reparto de carteles polos diferentes comercios de Noia co obxetivo de incentivar a compra no comercio local durante este nadal.

Ao reparto asistirá: Xoás Bascuas (Secretario Xeral de CxG), María Xosé Alfonso (Coordinadora da Coruña) e o coordinador comarcal Manolo Seijas.






Antón Ageitos " En tres días non se pode valorar o orzamento dun concello"

CxG de Lousame abandonou a sesión plenaria do pasado xoves a modo de protesta pola escasa antelación na que se lle foron entregados os orzamentos.

O edil de Compromiso Por Galicia de Lousame, Antón Ageitos amparado pola agrupación de galeguista, decidiu abandonar a sesión plenaria do pasado xoves a modo de protesta, alegando falta de tempo para o estudo dos orzamentos do Concello.

Compromiso Por Galicia recibiu a información o luns con tan só tres días hábiles para o estudo dos orzamentos do Concello de Lousame para o vindeiro ano 2014, que se na praxe se tería que ter debatido o xoves 19.

Os presupostos son para Compromiso Por Galicia o documento que guiará a xestión municipal ao longo dun ano, polo que recoñecen que en tres días é humanamente imposible analizar con detenimento un orzamento.
Antón Ageitos recoñeceu que “ Decidimos levantarnos do pleno por coherencia e por responsabilidade, non podemos debater un documento sen ter feito unha valoración en profundidade do contido destes orzamentos” Ademais o edil asegurou que “ xa non é a primeira vez que instamos a alcaldesa a enviar a documentación en tempo e forma, pero pouco a pouco íamos sendo capaces de analizar a documentación”


Dende CxG instaron ao Concello a que realice unha planificación e que facilite a documentación con antelación suficiente como mínimo de sete días para que se poidan realizar apartacións de calidade nas sesión plenarias.



martes, 17 de diciembre de 2013

CxG critica unha inversión de 40.000€ para arranxar un vial en Lousame que só da servizo a dúas vivenda, unha delas a da propia alcaldesa.

CxG critica unha inversión de 40.000€ para arranxar un vial en Lousame que só da servizo a dúas vivenda, unha delas a da propia alcaldesa.

En épocas de crise hai que priorizar os gastos, baixo este lema a alcaldesa de Lousame pretende gastar 39.596€ en arranxar un camiño de servidume que da servizo a dous veciños da parroquia de Merelle.

Curiosamente unha desas dúas vivendas é a residencia da propia alcaldesa. CxG non se opón ao arranxo dos viais de Lousame, pero estima que hai accesos que dan servizo a un maior número de veciños que a alcaldesa non contempla acondicionar, por exemplo o camiño das Minas de Sanfinx ou o estrada de Gandárela.

Teresa Villaverde intentou nun primeiro momento incluír este camiño no Plan de Obras e Servizos, pero ante as criticas do concelleiro de Compromiso Por Galicia, Antón Ageitos declinou facelo.

Logo de que a agrupación galeguista fixese un estudo do orzamentos para o ano 2014 ve como a alcaldesa volve a presentar este arranxo agochado tras un adecentamento no lugar de Aldaris.

Compromiso Por Galicia ademais considera abusivo o gasto corrente, que xunto ao gasto de persoas aproxímanse ao 55% do gasto total.


jueves, 5 de diciembre de 2013

Este nadal comprométete co comercio local

Compromiso Por Galicia presentou hoxe a campaña " Este nadal comprométete co comercio local", que ten como obxectivo promocionar o comercio local da comarca de Muros-Noia na época de nadal.

O coordinador comarcal Manolo Seijas, animou a todos os veciños e veciñas a que fagan as súas compras do nadal nos comercios locais, xa que se trata dunha inversión nos propios concellos. Recordou que son eles quen fan o esforzo de soster económicamente moitos proxectos, como clubes deportivos, asociacións, actos culturais..  e que polo tanto cómpre realizar as compras de nadal no prqueno comercio da vila.

A promoción consta dun cartel que se difundirá polas redes sociais e dun reparto de impresos pola veciñanza.