domingo, 17 de noviembre de 2013

Medio centenar de persoas asinaron este sábado en Noia para que todo relativo ao seu pasamento sexa integramente en lingua galega.

Medio centenar de persoas asinaron este sábado en Noia para que todo relativo ao seu pasamento sexa integramente en lingua galega.

CxG celebrou o pasado sábado no claustro do Concello de Noia un acto co obxectivo de promocionar a lingua galega nos actos fúnebres, nel interviron María Xosé Alfonso, Xoaquín Monteagudo e Xoán Bascuas.

No acto, Compromiso defendeu a necesidade de que se recorde aos galegos e galegas na lingua na que viviron, en galego. Segundo Xoan Bascuas é a “súa seña de identidade”.

María Xosé Alfonso indicou que Compromiso Por Galicia estase poñendo en contacto con distintas empresas funerarias do país para que estimen a posibilidade de ofrecer os seus servizos e en galego.
Xoaquín Monteagudo explicou a labor que están a desenvolver dende a Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, e apostou por seguir medrando en galego como sociedade. Ademais trasladou os distintos avances que se están a levar a cabo baixo o lema “Galeguizar Galicia” e resaltou o éxito que os produtos etiquetados en galego están a ter a nivel mundial. Indicou que se debe ter un compromiso real coa lingua galega para que esta permaneza na memoria lingüística do país.


Ao finalizar o acto medio cento de persoas asinaron unha acta de vontades para que chegado o seu pasamento todo o relativo ao funeral e enterro se realice exclusivamente en Galego.


miércoles, 13 de noviembre de 2013

En Galego, agora e sempre.

Acto para a Recuperación da Memoria Lingüística.

Compromiso Por Galicia levará a cabo un acto este sábado ás 12:30 no
Claustro do Concello de Noia baixo o lema “En Galego, agora e sempre”.

O obxectivo do acto segundo Manolo Seijas “é promocionar o signo máis preclaro da nosa identidade, a lingua galega que debe estar viva onde mora a memoria colectiva,  e os ceminterios son espazos de memoria”


No acto explicarán a necesidade de  que o galego sexa fomentado en todos actos fúnebres, xa que é un xeito máis de que permaneza na historia.

Intervirán neste acto: María Xosé Alfonso; Coordinadora provincial de CxG na Coruña, Xaquín Monteagudo, presidente da Asociación de Funcionarios pola Normalización Língüsitica e Xoán Bascuas Secretario Xeral de CxG.

Ao remate do acto os asistentes poderán asinar A Acta de Vontades, pola cal deixarán constancia que chegada a hora do meu pasamento, todo o relativo ao funeral e enterro se realice exclusivamente en lingua galega.


Antes do acto a Executiva Nacional de Compromiso Por Galicia reúnirase no Concello de Noia.