miércoles, 3 de julio de 2013

NON A SUBA DO IBI EN MUROS, POR UNHA MELLORA NA XESTIÓN DO CONCELLO.

              Na sesión plenaria celebrada en Muros o pasado xoves 27 de xuño o grupo do Psoe, tendo que facer uso do voto de calidade da alcaldesa, aprobou o incremento do IBI tanto dos bens de natureza urbana como rústica. Deste xeito o IBI de natureza urbana pasa do 0'40 % ao 0'60 % e o de natureza rústica pasa do 0'30 % ao 0'60%.
             Dende Compromiso por Galicia votamos en contra desta proposta porque a alcaldesa Caridad González intenta enganarnos a todos dicindo que isto é necesario para dar cumprimento ao plan de axuste e ademais porque non estamos dispostos a que a   a cidadanía de Muros, pague máis impostos neste duro momento de crise.
       Dende CxG non consentimos que se compense a suba do IBI coa pésima xestión e o malgasto de cartos públicos que o goberno municipal está levando a cabo.
             O plan de axuste aprobouse incrementar o IBI según o RD 20/2012 , o que significaba que se subiría a contribución só dos bens de natureza urbana e só durante os anos 2012 e 2013, non para todos os bens e para sempre como acaba de facer a alcaldesa. 
                 A portavoz municipal María Xosé Alfonso comentou que "non estamos dacordo en subirlles os impostos ás familias muradás neste momento no que moitas delas están chegando a situacións económicas moi difíciles por efecto da crise, mentres o goberno municipal coa súa pésima xestión está perdendo importantes subvencións como os 150.000 € que o Ministerio de Industria concedera para a creación dun viveiro de empresas e mentras se están malgastando cartos en asesores, comidas de urbanismo, publicidade institucional, viaxes inútiles de membros do equipo de goberno, contratacións innecesarias e ilegais a dedo e un cento de cousas máis"


No hay comentarios:

Publicar un comentario