miércoles, 17 de julio de 2013

O 25 TOD@S A BONAVAL





Dende Compromiso Por Galicia Muros-Noia queremos convirdarte a xornada lúdico-política que celebraremos o vindeiro 25 de xullo con motivo do Día da Patria, dende a nosa comarca asistiremos unha delegación de preto de medio cento de persoas se queres participar, anótate no noso correo comarcal, compromisomurosnoia@gmail.com ou se o prefires através dos Secretarios Locais da túa localidade.


Queda aquí a programación do evento:


9:30 Apertura recinto.

10:00 Música ambiental no escenario

11:00 á 13:00 Apertura da zona infantil con Inchables. Animación de

Xogos varios ( globoflexia, maquillaxe, xogos con paracaídas, con pelota…) 12:00 Acto no Panteón de Galegos Ilustres. (ofrenda floral)

13:00 Acto político.

Saúda as Delegacións Convidadas.

Intervencións.

Himno Galego.

14:30 Xantar. ( para anotarse ao xantar podedes facelo através dos Secretarios Locais ou ben en info@compromisoxgalicia.org

14:30 a 19:00 Actividades zona infantil con monitores de apoio.

Xogos tradicionais (chave, rá, pelouro, sacos, cordas saltar, cordas turrar…)

17:30 Música de taberna na carpa 18:30 á 23:00 Concerto e actuacións.

Os Perucos (folk)

Evaristo Calvo (monólogo)

Narf (cantautor)


+INFO en compromisoxgalicia.org

sábado, 6 de julio de 2013

+ DEMOCRACIA + TRANSPARENCIA + PARTICIPACIÓN




Dende Compromiso Por Galicia o temos claro: non utilicemos a crise para reducir en democracia. Fagamos un cambio estructural na lei electoral, si se pode e aquí explicamos como:

miércoles, 3 de julio de 2013

NON A SUBA DO IBI EN MUROS, POR UNHA MELLORA NA XESTIÓN DO CONCELLO.

              Na sesión plenaria celebrada en Muros o pasado xoves 27 de xuño o grupo do Psoe, tendo que facer uso do voto de calidade da alcaldesa, aprobou o incremento do IBI tanto dos bens de natureza urbana como rústica. Deste xeito o IBI de natureza urbana pasa do 0'40 % ao 0'60 % e o de natureza rústica pasa do 0'30 % ao 0'60%.
             Dende Compromiso por Galicia votamos en contra desta proposta porque a alcaldesa Caridad González intenta enganarnos a todos dicindo que isto é necesario para dar cumprimento ao plan de axuste e ademais porque non estamos dispostos a que a   a cidadanía de Muros, pague máis impostos neste duro momento de crise.
       Dende CxG non consentimos que se compense a suba do IBI coa pésima xestión e o malgasto de cartos públicos que o goberno municipal está levando a cabo.
             O plan de axuste aprobouse incrementar o IBI según o RD 20/2012 , o que significaba que se subiría a contribución só dos bens de natureza urbana e só durante os anos 2012 e 2013, non para todos os bens e para sempre como acaba de facer a alcaldesa. 
                 A portavoz municipal María Xosé Alfonso comentou que "non estamos dacordo en subirlles os impostos ás familias muradás neste momento no que moitas delas están chegando a situacións económicas moi difíciles por efecto da crise, mentres o goberno municipal coa súa pésima xestión está perdendo importantes subvencións como os 150.000 € que o Ministerio de Industria concedera para a creación dun viveiro de empresas e mentras se están malgastando cartos en asesores, comidas de urbanismo, publicidade institucional, viaxes inútiles de membros do equipo de goberno, contratacións innecesarias e ilegais a dedo e un cento de cousas máis"