Xosé Ramón Riomao e Xosé Manuel Ramos presentaron a moción que se debaterá o vindeiro pleno que se celebrará o mañá xoves día 27 ás 21:00 pola cal instan a corporación de Outes a posicionarse en contra do “Real Decreto-lei 9/2012, de 16 de marzo que legaliza as quitas aos afectados por participacións preferentes e subordinadas. Xa que consideran que os aforradores non son inversores e polo tanto deben recuperar todo o diñeiro que depositaron enganados tanto en preferentes como en subordinadas.
Esta moción consta ademais dun segundo punto, no cal instarán ao goberno municipal a que inicie os procedementos necesarios para solicitarlle a Xunta de Galicia que axilice as arbitraxes, xa que segundo Xosé Ramón Riomao é o método tanto máis eficiente como máis barato para solucionar este problema, xa que garantiza a gratuidade do proceso.
Dende Compromiso piden a todos os concelleiros e concelleiras que independentemente da súa cor política mostren o seu apoio as ducias outienses que foron estafadas e non recuperarán o seu capital de forma integra.