O 22 de febreiro de 2013 entregamos por rexistro de entrada no concello unha moción (proposta) para que se volvan a gravar os plenos e a cidadanía poida escoitar estas gravacións. Con isto pretendemos acadar dous obxetivos importantes:
- Achegar a política municipal á cidadanía e que esta poida saber con exactitude o que acontece nas sesións plenarias.
- Acabar cos problemas que en cada pleno hai á hora de aprobar as actas das sesións anteriores, pois a miúdo os/as concelleiros/as da oposición non estamos dacordo co que se recolle nelas e a alcaldesa, facendo abuso do seu poder como alcaldesa, é quen decide o que alí se recolle (así o ten asegurado ela mesma en varias ocasións durantes estes debates)
Nunha nova mostra de total falta de transparencia e democracia, a alcaldesa non incluiu a moción na orde do día do pleno que se celebrou o pasado 28 de febreiro de 2013 como solicitábamos, polo que o día 6 de marzo de 2013 volvemos a entregar, por segunda vez, a moción para que sexa incluída na primeira sesión plenaria que se celebre no noso concello.
En Compromiso por Galicia non temos ningún problema en que os nosos veciños e veciñas vexan de primeira man como traballamos e actuamos, se a alcaldesa de Muros non ten nada que ocultar tampouco o debería ter, máxime se temos en conta que a miúdo presume de traballar con total transparencia no concello.
O texto da proposta que facemos é o seguinte:
Os
concelleiros María Xosé Alfonso Torres, José Manuel Quintela
Fernández e María Sambade LLoréns presentan, por segunda vez, para
ser incluída na orde do día do vindeiro pleno que se celebre a
seguinte :
MOCIÓN
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS
Neste momento no
que a desconfianza da cidadanía na actividade política é tan alta,
faise necesario máis que nunca que esa actividade política sexa o
máis transparente posible. Algo aínda máis importante, se cabe,
nos concellos por seren a administración máis achegada á
cidadanía.
Estamos vivindo
unha época na que a desafección da cidadanía pola política vai en
aumento día a día, desafección difícil de superar con todas as
noticias que xurden a cotío sobre varios casos de corrupción que
salpican a distintas organizacións políticas.
Un dos aspectos
que fomenta esa desafección é a falta de transparencia na
actividade das administracións públicas e dos gobernos desas
administracións públicas.
Durante varios
anos, os distintos secretarios do concello de Muros gravaban as
sesións plenarias cunha gravadora de sonidos para poder redactar con
máis facilidade e fiabilidade as actas desas sesións. Isto ademáis
permitía resolver as discrepancias entre os membros da corporación
ante a aprobación das actas dunha maneira clara, sen máis que facer
unha audición da gravación, da sesión plenaria obxeto de
controversia, estando presentes o/a secretario/a do concello e un
membro de cada grupo político da corporación.
Curiosamente
coincidindo co requerimento dunha xuiza ao concello para que este lle
remitira a gravación do pleno do 7 de xullo de 2011 no que a
concelleira María Xosé Alfonso foi expulsada de maneira ilegal, no
concello alguén decide desfacerse de todas esas gravacións e
impedir así que a xuiza dispuxera desa proba, e a partir dese
momento deixáronse de gravar os plenos.
Dende ese momento,
levamos xa varias ocasións nas que distintos membros dos dous grupos
da oposición non estabamos dacordo co recollido nas actas das
sesións plenarias que se celebraran, e as propostas de corrección
non sempre son atendidas e non hai maneira de aclaralas, polo que na
acta sempre queda o que o secretario e a alcaldesa deciden, algo que
evidentemente choca co carácter democrático que debe presidir toda
actividade municipal.
A todo isto hai
que engadir que xa o pasado 22 de febreiro de 2013 foi incluída esta
moción por rexistro de entrada para ser debatida e votada no pleno
ordinario de febreiro, e a señora alcaldesa non a incluiu na orde do
día do citado pleno.
Por todo isto,
propoñémoslle ao Pleno da Corporación municipal a adopción do
seguinte
ACORDO
Que se volvan a
gravar as sesións plenarias e estas gravacións se vaian arquivando
no concello coa finalidade de poder resolver calquera dúbida que
xurda á hora de redactar e aprobar as actas desas sesións
plenarias.
Que a cidadanía
poida escoitar estas gravacións a través da páxina web do
concello, achegando así a política municipal á cidadanía e
facendo un verdadeiro exercicio de transparencia.
Asinado en Muros
a 6 de marzo de 2013
María Xosé
Alfonso Torres José Manuel Quintela Fernández
María Sambade LLoréns