Manolo Seijas será o novo coordinador comarcal de Compromiso Por Galicia na comarca de Muros e Noia.
Lola Caramés será vicecoordinadora
Logo de ter elixido os secretarios e secretarias locais, CXG iniciou na tarde do
sábado unha xuntanza aberta a cidadanía para constituír a súa executiva na comarca.
O primeiro punto na orde do día era a elección do coordinador comarcal, a
candidadatura de Manolo Seijas foi aprobada por unanimidade dos presentes.
Na súa intervención Seijas agradeceu o apoio recibido “Grazas por confiar en
min para encabezar este proxecto na comarca, aínda sendo moi novo” Asegurou
que “A mocidade no momento de crise non só económica senón que tamén social,
debemos xogar un papel fundamental no mundo da política”
Recordou que “Compromiso non é patrimonio da militancia, nin tan sequera
dos simpatizantes, Compromiso é e debe ser patrimonio de todos os cidadáns, que
teñen que ver en nós un instrumento útil para resolverlle os seus problemas. Temos
pois que escoitar aos nosos veciños e veciñas en xuntanzas abertas nas que poidan
participar quen queira e se sinta cómodo”.
O mozo galeguista de 21 anos, Manolo Seijas, esta rematando os estudos de ciencia
política no seu último ano, compaxina esta carreira universitaria cun ciclo superior en
administración e finanzas. Galeguista convencido, Seijas comezou a militar no
nacionalismo hai xa catro anos. Ocupando o posto de vicecoordinador comarcal de
Compromiso Por Galicia na anterior executiva comarcal. Actualmente pertence ao
claustro da Universidade de Santiago e xunta de facultade de Ciencia Política.
Logo de ser nomeado coordinador, o propio Seijas propuxo a Lola Caramés
como vicecordinadora comarcal e foi ratificada polo conxunto dos participantes.
Conformarán así a executiva comarcal de Compromiso Por Galicia en Muros e Noia ás seguintes persoas: Os secretarios locais, María Sambade (Muros), Xosé Manuel Ramos (Outes), Xán Ramos (Mazaricos), Xurxo Louro (Noia) e Sonia Ares ( Lousame), a vicecoordinadora Lola Caramés, o coordinador Manolo Seijas e o membro da Mocidade Nacionalista Galega ( mocidades de CXG) Ricardo Alborés.
Nova 27tv Barbanza:
No hay comentarios:
Publicar un comentario