jueves, 28 de febrero de 2013

Localidades


Compromiso Por Galicia conforma as localidades na comarca de Muros-Noia.



Ao longo do pasado fin de semana Compromiso Por Galicia celebro una comarca de Muros e Noia a conformación das localidades, Noia, Muros, Outes, Lousame e Mazaricos teñen dende o pasado domingo secretarías locais.

En Noia, Xurxo Louro será o encargado de levar as rendas na localidade, administrativo de profesión, Louro incorporouse ao mundo da política da man de CXG.

En Muros, a concelleira María Sambade será a referente de CXG neste concello. Mestra de profesión María Sambade incorporase a política sendo a número 3 da lista encabezada por María Xosé Alfonso, portavoz municipal de CXG nesta localidade.

En Outes, Xosé Manuel Ramos foi elixido o pasado sábado secretario local de Compromiso Por Galicia en Outes. Ocupou o terceiro posto na lista que encabezou Xosé Ramón Riomao ( agora portavoz municipal de CXG).

En Lousame, a empresaria Sonia Ares foi elixida o pasado luns como a nova secretaria local de Compromiso Por Galicia. A lousamiana ten un longo percorrido na política municipal lousamiana.

En Mazaricos, Xan Ramos será o encargado de levar a secretaría local. O histórico nacionalista será o encargado de tomar as rendas nesta localidade e volver de novo a primeira plana da política.


Seijas, novo coordinador comarcal

Manolo Seijas será o novo coordinador comarcal de Compromiso Por Galicia na comarca de Muros e Noia.

 Lola Caramés será vicecoordinadora 


           Logo de ter elixido os secretarios e secretarias locais, CXG iniciou na tarde do sábado unha xuntanza aberta a cidadanía para constituír a súa executiva na comarca. O primeiro punto na orde do día era a elección do coordinador comarcal, a candidadatura de Manolo Seijas foi aprobada por unanimidade dos presentes.

        Na súa intervención Seijas agradeceu o apoio recibido “Grazas por confiar en min para encabezar este proxecto na comarca, aínda sendo moi novo” Asegurou que “A mocidade no momento de crise non só económica senón que tamén social, debemos xogar un papel fundamental no mundo da política” Recordou que “Compromiso non é patrimonio da militancia, nin tan sequera dos simpatizantes, Compromiso é e debe ser patrimonio de todos os cidadáns, que teñen que ver en nós un instrumento útil para resolverlle os seus problemas. Temos pois que escoitar aos nosos veciños e veciñas en xuntanzas abertas nas que poidan participar quen queira e se sinta cómodo”.

        O mozo galeguista de 21 anos, Manolo Seijas, esta rematando os estudos de ciencia política no seu último ano, compaxina esta carreira universitaria cun ciclo superior en administración e finanzas. Galeguista convencido, Seijas comezou a militar no nacionalismo hai xa catro anos. Ocupando o posto de vicecoordinador comarcal de Compromiso Por Galicia na anterior executiva comarcal. Actualmente pertence ao claustro da Universidade de Santiago e xunta de facultade de Ciencia Política.

           Logo de ser nomeado coordinador, o propio Seijas propuxo a Lola Caramés como vicecordinadora comarcal e foi ratificada polo conxunto dos participantes. 

     Conformarán así a executiva comarcal de Compromiso Por Galicia en Muros e Noia ás seguintes persoas: Os secretarios locais, María Sambade (Muros), Xosé Manuel Ramos (Outes), Xán Ramos (Mazaricos), Xurxo Louro (Noia) e Sonia Ares ( Lousame), a vicecoordinadora Lola Caramés, o coordinador Manolo Seijas e o membro da Mocidade Nacionalista Galega ( mocidades de CXG) Ricardo Alborés. 


Nova 27tv Barbanza: